CANCIÓN 73
Dános forzas e valor
-
1. Cando imos polas portas
a falar de ti, Xehová,
ameazas e desprezos
adoitamos escoitar.
Pero non nos van parar,
a ti acudimos, oh, Xehová!
Pedirémosche o alento
para non deixar de falar.
(REFRÁN)
A diario che pedimos
o valor pra predicar,
forzas para non rendernos
e as noticias anunciar.
Ata vi-lo Armaxedón
seguiremos ó teu carón.
Dános forzas e confianza,
rogamos, Deus!
-
2. Cando o medo nos invade,
ti escóitasnos, Señor,
e prometes axudarnos,
lembras ben que somos po.
Prestaraslle atención
a todo ataque contra nós.
Seguirás a dárno-las forzas
para ir falar con valor.
(REFRÁN)
A diario che pedimos
o valor pra predicar,
forzas para non rendernos
e as noticias anunciar.
Ata vi-lo Armaxedón
seguiremos ó teu carón.
Dános forzas e confianza,
rogamos, Deus!
(Ver tamén 1 Tes. 2:2; Heb. 10:35.)