Ir ó contido

Ir ó índice

CAPÍTULO 32

Como se protexeu a Xesús

Como se protexeu a Xesús

ÁS VECES Xehová fai cousas incribles para protexer os nenos que non se poden defender a si mesmos. Se dás un paseo polo campo, poderías ver un exemplo de como Xehová fai isto, aínda que ó principio non entendas ben que está pasando.

Imaxina que cerca de ti encontras un paxariño no chan que parece que está ferido. Vai arrastrando unha das súas ás e cando intentas acercarte, escapa. Ti vas detrás del pero marcha cada vez máis lonxe. Entón, de repente, sae voando e dáste conta de que non estaba ferido. Sabes por que facía iso o paxariño?...

Porque cerca de alí estaban as súas crías, escondidas entre os arbustos. Esta nai tiña medo de que as encontrases e de que lles fixeses dano. Ela finxiu estar ferida para apartarte delas. Sabes quen nos pode protexer igual que fai este paxariño coas súas crías?... Na Biblia compárase a Xehová cunha aguia, unha ave que coida das súas crías (Deuteronomio 32:11, 12).

Como protexe este paxariño as súas crías?

O fillo máis querido de Xehová é Xesús. Cando Xesús estaba no ceo podía coidarse só porque era un espírito moi poderoso, coma Xehová. Pero cando naceu na Terra, era un bebé indefenso que necesitaba que o protexesen.

Para facer o que Deus lle pedira, Xesús tivo que crecer e chegar a ser un adulto perfecto. Satanás intentou matalo antes de que iso pasase, pero Xehová protexeuno. Esta é unha historia moi emocionante. Gustaríache escoitala?...

Pouco despois de nacer Xesús, Satanás fixo que algo que parecía unha estrela brillase no ceo de Oriente. Entón uns homes que eran astrólogos, é dicir, que estudaban as estrelas, seguírona durante centos de quilómetros ata chegar a Xerusalén. Ó chegar alí preguntaron onde nacería o que sería o rei dos xudeus. Uns homes que coñecían o que dicía a Biblia, respondéronlles: “En Belén” (Mateo 2:1-6).

Que advertencia lles deu Deus ós astrólogos para salvar a Xesús despois de que o visitasen?

Cando Herodes, un malvado rei de Xerusalén, escoitou a noticia de que un novo rei acababa de nacer moi cerca, na cidade de Belén, díxolles ós astrólogos: “Ide e informádevos ben do que hai dese neno; e unha vez que o atopedes, avisádeme”. Sabes por que quería saber onde estaba Xesús?... Porque estaba celoso e quería matalo.

Como protexeu Xehová o seu fillo?... Cando os astrólogos encontraron a Xesús, déronlle regalos. Despois, Deus advertiunos a través dun soño para que non volvesen onda Herodes. Así que volveron para a súa casa por outro camiño, sen pasar por Xerusalén. Cando Herodes se deu conta de que os astrólogos marcharan, enfadouse moito. E nun intento por matar a Xesús, mandou que se asasinase a tódolos nenos de menos de 2 anos que vivían en Belén. Pero para ese momento Xesús xa marchara.

Sabes como conseguiu escapar Xesús?... Cando os astrólogos se foron, Xehová díxolle a Xosé, o home de María, que tiñan que marchar rápido a Exipto. Alí Xesús estivo a salvo do malvado Herodes. Anos despois, cando María e Xosé volveron de Exipto con Xesús, Deus deulle outra advertencia a Xosé. Nun soño díxolle que tiñan que ir a Nazaret, porque alí Xesús estaría seguro (Mateo 2:7-23).

Como se volveu a salvar a Xesús?

Viches como protexeu Xehová o seu fillo?... Quen dirías que é coma un paxariño que a súa nai esconde entre os arbustos? Ou coma Xesús cando era neno? Non es ti así?... No teu caso tamén hai persoas que queren facerche dano. Sabes quen?...

A Biblia di que Satanás é coma un león que ruxe e que quere devorarnos. Moitas veces, os leóns fíxanse nos animais máis pequenos para atacalos. E Satanás e os seus demos fan o mesmo, queren facerlles dano ós nenos (1 Pedro 5:8). Pero Xehová é moito máis forte ca Satanás. El pode protexer os nenos que o queren ou reparar calquera dano que Satanás lles fixese.

Recordas o que dicía o capítulo 10 deste libro? Que intentan que fagamos Satanás e os demos?... Eles queren que teñamos a clase de relacións sexuais que Xehová di que están mal. Quen son os únicos que poden ter relacións sexuais?... Un home e unha muller adultos que estean casados.

Pero é moi triste ver que a algúns adultos lles gusta ter relacións sexuais con nenos. Cando iso pasa, pode que os nenos empecen a facer cousas malas que aprenderon deses adultos. E que empecen a usar os seus órganos sexuais dunha forma que non está ben. Isto é o que pasou hai moito tempo na cidade de Sodoma. A Biblia di que tódalas persoas de alí, “desde os rapaces ós vellos”, intentaron ter relacións sexuais cos homes que viñeran a visitar a Lot (Xénese 19:4, 5, cursivas nosas).

Xesús necesitou que o protexesen e a ti pásache o mesmo. Ti tamén necesitas que te protexan dos adultos ou doutros nenos que intenten ter relacións sexuais contigo. Normalmente, estas persoas intentan parecer que son os teus amigos. Pode que incluso che ofrezan algo a cambio de que lles prometas que non lle vas contar a ninguén o que queren facer contigo. Pero esas persoas son egoístas, coma Satanás e os demos. Só buscan o seu propio pracer e a súa forma de conseguilo é tendo relacións sexuais con nenos. Iso está moi mal!

Sabes que fan para sentir pracer?... Pode que intenten tocar ou xogar cos teus órganos sexuais. Ou que queiran refregar os seus órganos sexuais contra os teus. Pero nunca debes deixar que ninguén xogue co teu pene ou coa túa vulva. Nin sequera o teu irmán ou irmá nin a túa nai ou pai. Esas partes do teu corpo son moi íntimas.

Que poderías dicir e facer se alguén intenta tocarte de forma incorrecta?

Como podes protexerte de persoas que fan cousas malas coma estas?... O primeiro de todo é que non deixes que ninguén xogue cos teus órganos sexuais. Se alguén intenta facer iso, dille ben alto: “Para! Vou contar o que intentas facer!”. E se a persoa di que o que pasou é culpa túa, non o creas. Iso non é verdade! Cóntalle a alguén no que confíes o que esa persoa está facendo. Non importa se a persoa que che está facendo dano é un amigo ou un familiar, ti cóntao sempre. Aínda que che diga que o que estades facendo é un segredo entre os dous. Incluso se promete darche regalos bonitos ou te ameaza, tes que escapar desa persoa e contar o que che fixo.

Non tes por que ter medo, pero si que necesitas ter coidado. Cando os teus pais che falen dalgunha persoa ou de lugares que poderían ser perigosos para ti, escóitaos con atención e failles caso. Se o fas, evitarás que as persoas malas teñan a oportunidade de facerche dano.

Le sobre como podes protexerte das relacións sexuais que non son correctas en Xénese 39:7-12; Proverbios 4:14-16; 14:15, 16; 1 Corintios 6:18; e 2 Pedro 2:14.