Lección 4
“Chove e chove
sen parar, e así
non podo saír a xogar.
É que nunca vai escampar?”
Xa deixou de chover,
o ceo azul vólvese ver!
Que contenta está Iria,
de que saia unha raioliña.
Tanta gana ten de xogar que vai fóra a correr e brincar.
Entón, quedou abraiada: Iria nunca o imaxinara! Coa chuvia que Xehová mandou, unha bonita flor medrou!
ACTIVIDADES
Para ler xuntos:
Onde están?
A ventá O paxaro A nena
A árbore As flores
A maruxiña O avión
Sábelo?
Para que fixo a chuvia Xehová?