Ir ó contido

Ir ó índice

Nota para os pais

Nota para os pais

Cal é o mellor regalo que uns pais poden facerlle a un fillo? Sen dúbida, os nenos precisan moito cariño, educación e coidados. Pero non hai mellor regalo que ensinarlles acerca de Xehová e as verdades que atopamos na súa Palabra, a Biblia (Xoán 17:3). Deste xeito, o amor por Xehová e o desexo de servilo medrarán no seu corazón xa dende ben pequeniños (Mateo 21:16).

Moitos pais teñen comprobado que os nenos aprenden mellor con actividades e períodos de estudo breves. Por iso, alégranos moito poñer á vosa disposición esta publicación, titulada Eu tamén aprendo da Biblia!. As leccións deste folleto, que conteñen debuxos e texto, están pensadas para ensinarlles dun xeito sinxelo a nenos de tres anos ou menos. Cada lección inclúe actividades adicionais. Este folleto non é para que o neno xogue con el. Máis ben está deseñado para que pais e fillos o lean xuntos, e así fomentar a comunicación e o diálogo.

Confiamos en que esta publicación será unha ferramenta moi útil para que os máis pequenos aprendan as verdades da Biblia (2a Timoteo 3:14, 15).

Os vosos irmáns,

Consello Reitor das Testemuñas de Xehová