Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 14

O Reino que gobernará toda a Terra

O Reino que gobernará toda a Terra

Sabes de que Reino estamos a falar?— Si, do Reino de Deus, que vai converter toda a Terra nun paraíso. Gustaríache aprender máis cousas acerca deste Reino?—

Tódolos reinos teñen un rei. Un rei é unha persoa que goberna sobre a xente do seu país. Sabes quen é o Rei do Reino de Deus?— É Xesucristo, e vive no ceo. Dentro de pouco Xesús vai ser o rei de toda a terra! Cres que seremos felices cando Xesús sexa o rei da terra?—

Que é o que máis che gusta do Paraíso?

Imos ser moi felices! No Paraíso, as persoas non van pelexar, e nunca máis haberá guerras. Todos se tratarán con cariño. Ninguén enfermará nin morrerá. Os cegos poderán ver, os xordos oirán, e tódolos que agora non poden camiñar, van poder correr e brincar. Haberá comida dabondo para todos. Os animais vivirán en paz entre eles, e serán os nosos amigos. E moitas das persoas que morreron, volverán a vivir. Incluso moitos dos homes e mulleres sobre os que aprendiches neste folleto, como Rebeca, Rahab, David e Elías, tamén van vivir de novo! Gustaríache coñecelos cando volvan á vida?—

Xehová quérete moito, e quere que sexas feliz. Se segues aprendendo máis sobre el e sempre o obedeces, poderás vivir para sempre nun fermoso paraíso! Verdade que che gustaría?—

MÍRAO NA TÚA BIBLIA

  • Isaías 2:4; 11:6-9; 25:8; 33:24; 35:5, 6

  • Xoán 5:28, 29; 17:3