Introdución á sección 11
Esta sección dá comezo ás Escrituras Gregas Cristiás. Xesús naceu nunha familia humilde que vivía nunha pequena vila. Traballou de carpinteiro con seu pai. El era o único que salvaría a humanidade. Xehová escollérao para ser rei do Reino dos ceos. Se tes fillos, axúdalles a ver como Xehová escolleu con coidado a familia e o ambiente no que Xesús crecería. Explícalles que Deus o protexeu de Herodes, e que nada pode impedir que se cumpran os Seus propósitos. Ensínalles que lle encargou a Xoán a tarefa de preparar o camiño para Xesús. E destácalles que, xa dende pequeno, Xesús demostrou que confiaba plenamente na guía e nos consellos de Xehová.
NESTA SECCIÓN
CAPÍTULO 70
Os anxos anuncian o nacemento de Xesús
Os pastores que escoitaron o anuncio reaccionaron con rapidez.
CAPÍTULO 73
Xoán prepara o camiño para o Mesías
Xoán chegou a ser un profeta de Xehová e anunciou que pronto aparecería o Mesías. Como respondeu a xente á súa mensaxe?