Ir ó contido

Ir ó índice

CAPÍTULO 70

Os anxos anuncian o nacemento de Xesús

Os anxos anuncian o nacemento de Xesús

O emperador romano Augusto mandou que tódolos xudeus fosen á cidade onde naceran para inscribirse nun rexistro. Así que Xosé e María foron a Belén porque a familia de Xosé era de alí. A María xa lle faltaba moi pouco para dar a luz.

Cando chegaron a Belén, tiveron que pasar a noite nunha corte con animais porque non atoparon onde durmir. Estando alí, naceu Xesús. María envolveuno nuns anacos de tea e púxoo con coidado nun pesebre, onde comían os animais.

Preto de Belén, había uns pastores que pasaban a noite no campo coidando das ovellas. De súpeto, aparecéuselles un anxo e rodeounos unha luz moi brillante. Como o anxo viu que os pastores levaran un susto, díxolles: “Non teñades medo. Traio boas noticias! Hoxe naceu o Mesías en Belén!”. Nese intre, apareceron moitos anxos de Xehová no ceo dicindo: “Gloria a Deus no ceo e paz na terra!”. Entón, os anxos desapareceron. Que farían os pastores?

Os pastores dixéronse uns ós outros: “Vamos a Belén decontado!”. Así que marcharon correndo a buscar a Xosé e a María, que estaban na corte co seu meniño.

Tódolos que escoitaron o que o anxo lles contara ós pastores quedaron abraiados. María dedicou moito tempo a pensar nas palabras do anxo Gabriel; nunca as esquecería. Os pastores volveron ó campo a coidar das ovellas, moi agradecidos a Xehová polo que viran e oíran.

“Non vin por min mesmo, senón que El me enviou” (Xoán 8:42)