Ir ó contido

Ir ó índice

CAPÍTULO 17

Moisés escolle servir a Xehová

Moisés escolle servir a Xehová

En Exipto, ós descendentes de Xacob chegóuselles a coñecer como os israelitas. Despois de morrer Xacob e Xosé, comezou a gobernar un novo faraón que tiña medo de que os israelitas fosen máis poderosos que os exipcios. Así que converteunos en escravos, e obrigounos a facer ladrillos e a traballar moi duro no campo. Pero aínda así, os israelitas cada vez eran máis. Ó Faraón non lle gustou nada aquilo, así que mandou matar tódolos bebés varóns israelitas. Podes imaxinar canto medo deberon pasar?

Unha muller israelita chamada Ioquébed tivo un neno precioso. Para protexelo, púxoo nunha cesta e agochouno nos xuncos do río Nilo. Miriam, a irmá do neno, quedouse preto del para ver que pasaba.

A filla do Faraón estábase a bañar no río cando viu a cesta. Dentro atopou un neno chorando, e deulle moita pena. Entón Miriam preguntoulle: “Queres que vaia buscar unha muller para que che coide do neno?”. Cando a filla do Faraón lle dixo que si, Miriam tróuxolle a súa nai, Ioquébed. Despois diso, a filla do Faraón díxolle á muller: “Leva este neno e críamo, e eu pagareiche o debido”.

Cando o neno xa era grande, Ioquébed levoullo á filla do Faraón. Ela chamoulle Moisés e criouno coma se fose fillo seu. O rapaz medrou sendo un príncipe, e por iso podía ter calquera cousa que quixese. Pero Moisés nunca esqueceu a Xehová. El sabía que era israelita, non exipcio, e decidiu servir a Xehová.

Cando tiña 40 anos, Moisés decidiu axudar a súa xente. En certa ocasión, viu un exipcio pegando a un escravo israelita. Entón Moisés golpeou o exipcio tan forte que o matou, e escondeu o corpo na area. Cando Faraón o soubo, intentou matar a Moisés, pero el escapou correndo á terra de Madián. Alí Xehová coidou del.

Como tiña fe, Moisés “renegou da filla do Faraón que o profillara e preferiu padecer malos tratos onda o pobo de Deus” (Hebreos 11:24, 25)