Introdución á sección 8
Xehová bendiciu a Salomón dándolle moita sabedoría e o gran honor de construír o templo. Non obstante, pouco a pouco apartouse de Xehová. Se tes fillos, explícalles como outras persoas que adoraban deuses falsos afastaron a Salomón de Xehová. O reino dividiuse, e reis malos fixeron que o país caese na apostasía e na idolatría. Nese tempo, moitos profetas leais de Xehová foron perseguidos e asasinados. A raíña Iezabel conseguiu que o reino do norte se apartase aínda máis de Xehová. Foi unha época moi escura na historia de Israel. Pero aínda quedaban moitos servos fieis de Xehová entre os israelitas, como o rei Ioxafat e o profeta Elías.
NESTA SECCIÓN
CAPÍTULO 49
A malvada raíña Iezabel
Iezabel conspirou para matar un israelita chamado Nabot só para roubarlle a súa viña. Xehová non pasou por alto esta inxustiza nin a súa maldade.
CAPÍTULO 50
Xehová defende a Ioxafat
Cando as nacións inimigas ameazaron Xudá, o rei Ioxafat oroulle a Deus por axuda.