Ir ó contido

Ir ó índice

Introdución á sección 9

Introdución á sección 9

Nesta sección aprenderemos de mozos, profetas e reis que demostraron ter moita fe en Xehová. En Siria, unha nena israelita tivo fe en que o profeta de Xehová podía curar a Naamán. O profeta Eliseo confiou plenamente en que Xehová o protexería do exército inimigo. O sumo sacerdote Iehoiadá arriscou a súa vida para protexer o pequeno Ioax da súa malvada avoa Atalía. O rei Ezequías confiou en que Xehová rescataría a Xerusalén, e non cedeu ante as ameazas dos asirios. O rei Ioxías acabou coa idolatría do país, restaurou o templo e guiou o pobo á adoración verdadeira.

NESTA SECCIÓN

CAPÍTULO 51

Unha nena moi valente

Unha nena israelita faloulle do gran poder de Xehová á súa ama e houbo un milagre.

CAPÍTULO 52

Os cabalos e os carros de lume de Xehová

Como descubriu o criado de Eliseo que había máis con eles que co exército sirio?

CAPÍTULO 53

Iehoiadá actúa con valentía

Un sacerdote fiel enfrontouse cunha raíña malvada.

CAPÍTULO 54

Xehová ten paciencia con Xonás

Por que acabou un dos profetas de Deus dentro dun gran peixe? Como puido saír de alí? Que lección lle ensinou Xehová a Xonás?

CAPÍTULO 55

O anxo de Xehová protexe a Ezequías

Os inimigos de Xudá dicían que Xehová non ía protexer o seu pobo, pero estaban moi equivocados.

CAPÍTULO 56

Ioxías estima a Lei de Xehová

Ioxías comezou a reinar cando tiña 8 anos e axudou ó seu pobo a adorar a Xehová.