CAPÍTULO 10
Que di a Biblia sobre os anxos e os demos?
1. Por que é importante saber quen son os anxos?
OS ANXOS son parte da familia de Xehová e el quere que coñezamos a súa familia. Que fan os anxos? Como axudaron a xente no pasado? Como poden axudarnos a nós hoxe? (Ver a nota 8).
2. a) Quen creou os anxos? b) Cantos anxos hai?
2 O primeiro que precisamos saber é quen creou os anxos. Colosenses 1:16 di que despois de crear a Xesús, Xehová creou tódalas demais cousas, “as da terra e tamén as do ceo”. Isto inclúe os anxos. Cantos creou Xehová? A Biblia di que hai centos de millóns de anxos (Salmo 103:20; Apocalipse 5:11, nota).
3. Que di Xob 38:4-7 sobre os anxos?
3 A Biblia tamén ensina que Xehová creou os anxos antes de crear a Terra. Como se sentiron cando Xehová creou a Terra? O libro de Xob di que se alegraron moito. Tódolos anxos eran unha familia unida que servía a Xehová (Xob 38:4-7).
OS ANXOS AXUDAN OS SERVOS DE DEUS
4. Como sabemos que os anxos queren axudar os humanos?
4 Os anxos sempre estiveron interesados en axudar os humanos e en coñecer o que Xehová quería para eles e mais para a Terra (Proverbios 8:30, 31; 1 Pedro 1:11, 12). Seguro que se puxeron moi tristes cando Adam e Eva se rebelaron. E aínda deben estar máis tristes agora, ó ver que a maioría das persoas non obedece a Xehová. Pero tamén se poñen moi contentos cada vez que alguén se arrepinte e volve a carón de Xehová (Lucas 15:10). Os anxos miran especialmente polos servos de Deus, e Xehová úsaos para axudalos e protexelos (Hebreos 1:7, 14). Imos ver algúns exemplos.
5. De que xeitos axudaron os anxos ós servos de Deus do pasado?
5 Cando Xehová destruíu as cidades de Sodoma Xénese 19:15, 16). Centos de anos máis tarde, cando botaron a Daniel no foxo dos leóns, a Biblia explica que “Deus mandou o seu anxo a pecha-la boca dos leóns” para protexelo (Daniel 6:23 [6:22, NM]). No século primeiro, cando o apóstolo Pedro estaba na cadea, Xehová enviou un anxo para liberalo (Feitos 12:6-11). Os anxos tamén axudaron a Xesús cando estivo na Terra. Unha das veces foi despois de se bautizar (Marcos 1:13). E xusto antes de que o matasen, un anxo “aparecéuselle para confortalo” (Lucas 22:43).
e Gomorra, enviou dous anxos para axudar a Lot e maila súa familia a escapar (6. a) Por que sabemos que os anxos están a axudar os servos de Deus no noso tempo? b) Que preguntas imos responder a continuación?
6 No noso tempo, os anxos xa non se lles aparecen ós humanos. Pero Deus segue a usalos para protexer os seus servos. A Biblia explica: “O anxo do Señor acampa en torno ós seus fieis e dálles seguridade” (Salmo 34:8 [34:7, NM]). E logo, por que precisamos protección? Porque temos inimigos moi poderosos que queren facernos dano. Quen son? De onde veñen? E por que queren facernos mal? Para saber a resposta a estas preguntas, imos ver o que pasou pouco despois de Adam e Eva ser creados.
INIMIGOS INVISIBLES
7. Que conseguiu Satán coa maioría da xente?
7 No capítulo 3 vimos que un anxo se rebelou contra Deus e quixo gobernar sobre os humanos. A Biblia chámalle “Satán e Satanás” (Apocalipse 12:9). Este anxo tamén quixo que os humanos se rebelasen contra Deus. Foi quen de enganar a Eva, e dende entón leva enganado a maioría da xente. Con todo, houbo algunhas persoas que se mantiveron leais a Xehová, como Abel, Henoc e Noé (Hebreos 11:4, 5, 7).
8. a) Como chegaron a converterse en demos algúns anxos? b) Que fixeron os demos para sobrevivir ó Diluvio?
8 No tempo de Noé, algúns anxos rebeláronse e marcharon do ceo para viviren na Terra como humanos. Por que o fixeron? A Biblia explica que quixeron casar coas mulleres (le Xénese 6:2). Pero os anxos non debían facer iso (Xudas 6). Ademais, a maioría das persoas dese tempo tamén se volveron desobedientes e violentas. Entón, Xehová decidiu destruír as persoas malas nun diluvio que inundou toda a Terra. Pero salvou os seus servos fieis (Xénese 7:17, 23). Para sobreviviren, os anxos rebeldes volveron ó ceo. A Biblia chámalles demos. Ó unírense á rebelión de Satán, el converteuse no seu xefe (Mateo 9:34).
9. a) Que pasou cando os demos volveron ó ceo? b) De que imos falar agora?
9 Que pasou cando os demos volveron ó ceo? Como se rebelaran, Xehová non lles deixou seguir sendo parte da súa familia. Dende entón, xa non poden volver ter un corpo humano. Pero os demos inda poden enganar as persoas (Apocalipse 12:9; 1 Xoán 5:19). Imos ver como conseguen enganar tanta xente (le 2 Corintios 2:11).
COMO ENGANAN OS DEMOS A XENTE
10. Como enganan os demos a xente?
10 Os demos enganan as persoas de moitos xeitos. Moita xente intenta contactar co mundo dos espíritos Gálatas 5:19-21). Por que? Tal como un cazador usa trampas para cazar, os demos usan o ocultismo para enganar e controlar a xente (ver a nota 26).
directamente. Outros fano a través dun meigo ou dun médium. Ó faceren isto, en realidade estanse a poñer en contacto cos demos. Pero a Biblia advírtenos que arredemos de todo o que teña que ver cos demos (11. a) Que é a adiviñación? b) Por que debemos arredar de todo o que teña que ver cos demos?
11 Un xeito no que os demos enganan as persoas é a adiviñación, é dicir, o uso de poderes sobrenaturais para coñecer o futuro. Alguén podería tratar de saber o futuro consultando os meigos, ou mediante cousas coma o horóscopo, as cartas do tarot, a bóla de cristal ou ler a man. Moitos pensan que estas cousas non son perigosas, pero están moi equivocados. A Biblia ensina que os demos e mailos adiviños traballan xuntos. Feitos 16:16-18 fala dunha escrava que tiña un espírito que lle axudaba a adiviñar o futuro. Logo de que o apóstolo Paulo botou fóra o demo, a rapaza perdeu o seu poder.
12. a) Por que é perigoso intentar comunicarse cos mortos? b) Por que os servos de Deus non participan nunca en costumes relacionados cos demos?
12 Outro engano dos demos é facernos crer que podemos falar cos mortos. Queren que pensemos que os mortos seguen vivos nalgún lugar, que poden comunicarse con nós ou mesmo facernos dano. Por exemplo, cando morre un amigo ou un familiar, moitas persoas buscan comunicarse con el mediante un médium. Poida que o médium lles dea información pouco coñecida sobre o morto ou incluso imite a súa voz. Dese 1 Samuel 28:3-19). Ademais, moitos dos costumes que se seguen nos funerais baséanse na crenza de que os mortos seguen a vivir nalgún outro lugar. Isto pode incluír gardar o loito ou celebrar os cabodanos. Cando un cristián rexeita participar nalgún destes costumes, a súa familia ou os seus veciños poderían criticalo, insultalo ou mesmo deixar de falarlle. Os cristiáns sabemos que os mortos non seguen vivindo en ningún outro lugar. Polo tanto, non podemos falar con eles, e eles non poden axudarnos nin facernos mal ningún (Salmo 115:17). Así que debemos ter moito coidado e nunca tratar de comunicarnos cos mortos nin cos demos nin participar en ningún outro costume relacionado co espiritismo (le Deuteronomio 18:10, 11).
xeito, a persoa pensa que está a falar co morto, cando en realidade está falando cos demos (13. Que conseguiron moitas persoas que antes lles tiñan medo ós demos?
13 Ademais de enganar as persoas, os demos tratan de asustalas. Satán e os seus demos saben que lles queda pouco tempo para facer cousas malas na Terra, porque dentro de pouco Deus llelo vai impedir. Por iso son máis agresivos e violentos ca nunca (Apocalipse 12:12, 17). Con todo, moitas persoas que antes lles tiñan medo ós demos agora xa non llelo teñen. Como fixeron?
COMO PROTEXERNOS E LIBERARNOS DOS DEMOS
14. Como podemos liberarnos dos demos?
14 A Biblia dinos como podemos protexernos e liberarnos dos demos. Por exemplo, antes de facerse Feitos 19:19). Como querían ser cristiáns, destruíron tódolos seus libros de maxia. Do mesmo xeito, se queremos servir a Xehová debemos desfacernos de todo o que teña que ver cos demos. Isto inclúe calquera cousa que dea a entender que a maxia é algo inofensivo ou mesmo emocionante, como libros, revistas, horóscopos, películas, música, xogos e mesmo pósters. Tamén inclúe calquera obxecto que as persoas leven para protexerse do mal, como amuletos ou talismáns (1 Corintios 10:21).
cristiás, algunhas persoas da cidade de Éfeso comunicábanse cos demos. Como conseguiron liberarse deles? A Biblia explica: “Moitos dos que foran meigos levaban os libros e queimábanos diante de todos” (15. Que máis debemos facer para protexernos de Satán e mailos demos?
15 Algúns anos despois de que aqueles cristiáns destruísen os seus libros de maxia, o apóstolo Paulo escribiu que aínda tiñan unha “loita [...] contra os espíritos do mal” (Efesios 6:12). Inda que xa queimaran os libros, os demos seguían intentando facerlles dano. Que máis debían facer? Paulo díxolles: “Tede sempre no brazo o escudo da fe, que con el poderedes apagar tódolos dardos incendiarios do maligno” (Efesios 6:16). Igual ca un escudo protexe un soldado na batalla, a nosa fe pode protexernos na nosa loita contra os demos. Se confiamos por completo en que Xehová pode protexernos, poderemos resistir os ataques de Satán e mailos demos (Mateo 17:20).
16. Como podemos facer máis forte a nosa fe en Xehová?
16 Como podemos facer máis forte a nosa fe en 1 Xoán 5:5).
Xehová? Temos que ler a Biblia cada día e aprender a confiar en que El nos vai protexer. Se a nosa fe é forte, Satán e os demos non poderán facernos dano (17. Que máis debemos facer para protexernos dos demos?
17 Que máis tiveron que facer os cristiáns de Éfeso? Eles vivían nunha cidade chea de espiritismo. Por iso Paulo lles dixo que seguisen “orando decote” (Efesios 6:18). Debían pedirlle a Xehová a súa protección todo o tempo. E nós? Tamén vivimos nun mundo cheo de espiritismo, así que precisamos pedirlle a Xehová a súa protección. Ademais, debemos usar o seu nome cando lle oramos (le Proverbios 18:10). Se acotío lle pedimos que nos protexa de Satán, Xehová responderá as nosas oracións (Salmo 145:19; Mateo 6:13).
18, 19. a) Como podemos gañar a nosa loita contra Satán e mailos demos? b) Que pregunta responderemos no seguinte capítulo?
18 Se nos desfacemos de todo o relacionado co ocultismo e confiamos en que Xehová nos vai protexer, nin Satán nin os demos poderán facernos dano. Non hai por que terlles medo (le Santiago 4:7, 8). Xehová ten moito máis poder cós demos. Xa os castigou no tempo de Noé, e no futuro vainos destruír (Xudas 6). Lembra que non estamos sós na nosa loita. Xehová usa os anxos para protexernos (2 Reis 6:15-17). Podemos estar seguros de que, coa axuda de Xehová, venceremos a Satanás e mailos demos (1 Pedro 5:6, 7; 2 Pedro 2:9).
19 Satán e os demos levan causado moito sufrimento. Por que non os destruíu Deus aínda? Ímolo ver no seguinte capítulo.