CAPÍTULO 6
Que pasa cando morremos?
1-3. a) Que preguntas se fai moita xente sobre a morte? b) Que respostas dan moitas relixións a estas preguntas?
A BIBLIA prométenos que chegará o día en que “a morte xa non existirá máis” (Apocalipse 21:4). No capítulo 5 aprendemos que o rescate fará posible que teñamos vida eterna. Pero polo de agora a xente segue morrendo (Eclesiastés 9:5). Así que poida que nos preguntemos: “Que pasa cando morremos?”.
2 É importante coñecer a resposta a esta pregunta, especialmente cando morre alguén a quen queremos. Neses momentos poida que nos preguntemos: “Onde estará? Estará sufrindo? Poderá vernos ou axudarnos? Volveremos velo algún día?”.
3 As relixións dan diferentes respostas a estas preguntas. Algunhas ensinan que os bos van ó ceo, e os malos arden no inferno. Outras din que, cando un morre, convértese nun espírito e reúnese cos seus familiares que xa morreran. E outras ensinan que cando alguén morre é xulgado e reencárnase, ou volve á vida noutro corpo, que pode ser humano ou animal.
4. Que idea básica ensinan as relixións sobre a morte?
4 Aínda que as relixións parecen ensinar cousas moi diferentes sobre a morte, en realidade están a ensinar a mesma idea básica: que cando unha persoa morre, parte dela segue vivindo. É certo iso?
ONDE IMOS CANDO MORREMOS?
5, 6. Que pasa cando morremos?
5 Xehová sabe o que pasa cando morremos. El dinos que cando unha persoa morre, a súa vida remata. A morte é o contrario da vida. Iso significa que cando alguén morre, non hai unha parte del que siga vivindo nalgún sitio. * Os mortos nin pensan nin ven nin escoitan.
6 A Biblia di en Salmo 146:4 que cando alguén morre “esvaecen os seus proxectos”. E o rei Salomón escribiu que “os mortos non saben xa máis nada”. Isto quere dicir que non poden nin amar nin odiar. De feito, “non hai actividade, nin cálculo, nin coñecer, nin Sabedoría no Xeol” (le Eclesiastés 9:5, 6, 10). O Xeol non é un lugar literal. É o lugar simbólico onde descansan os mortos.
QUE DIXO XESÚS SOBRE A MORTE?
7. Que dixo Xesús sobre a morte?
7 Cando o seu bo amigo Lázaro morreu, Xesús díxolles ós seus discípulos: “Lázaro, o noso amigo, dorme”. Pero Xesús non estaba a falar dun sono literal. Explicoulles: “Lázaro morreu” (Xoán 11:11-14). Deste xeito, Xesús comparou a morte a estar durmido. Non dixo que Lázaro estivese no ceo ou cos seus familiares que xa morreran. Tampouco dixo que estivese sufrindo nun inferno nin que se reencarnase noutra persoa ou nun animal. Máis ben, era coma se Lázaro estivese profundamente durmido. Antes de Xesús resucitar a filla de Xairo, tamén dixo dela: “Está a durmir” (Lucas 8:52, 53). Noutras partes da Biblia tamén se fai esta comparación. Por exemplo, cando mataron a Estevo a Biblia di que “adormeceu” (Feitos 7:60).
8. Por que sabemos que Deus non creou os humanos para que morresen?
8 Creou Deus a Adam e Eva coa intención de que co tempo morresen? Non. Xehová creounos para que vivisen eternamente e tivesen saúde perfecta. Ademais, fixo os humanos co desexo de vivir para sempre Eclesiastés 3:11). Ningún pai quere que os seus fillos se fagan vellos e morran. Xehová tampouco quere iso para nós. Entón, por que morremos?
(POR QUE MORREMOS?
9. Por que non era difícil de cumprir o mandato que Xehová lles dera a Adam e Eva?
9 No xardín de Edén, Xehová díxolle a Adam: “Podes comer do froito das árbores todas do xardín pero da árbore do coñecemento do ben e do mal non comerás, pois en canto comas dela de certo morrerás” (Xénese 2:9, 16, 17). Xehová tiña o dereito de dicirlles a Adam e Eva o que estaba ben e o que estaba mal. Este mandato era moi claro e, ademais, non era difícil de cumprir. Se obedecían a Xehová, demostrarían que respectaban a Súa autoridade. Tamén lle demostrarían o agradecidos que estaban por todo o que lles dera.
10, 11. a) Como conseguiu Satán que Adam e Eva desobedecesen a Deus? b) Por que non hai escusa para o que fixeron Adam e Eva?
10 Tristemente, Adam e Eva escolleron desobedecer a Xehová. Satanás díxolle a Eva: “¿Conque Deus vos prohibiu comer do froito das árbores do xardín?”. Eva respondeulle: “Podemos comer do froito das árbores todas do xardín. Soamente da árbore de alá no fondo nos mandou Deus: Non comades dela nin a toquedes, non sexa que morrades” (Xénese 3:1-3).
11 Entón, Satán díxolle: “De ningunha maneira morreredes. É que Deus sabe ben que o día en que comades dela, se vos abrirán os ollos e seredes coma Deus, sabedores do ben e do mal” (Xénese 3:4-6). Satán quería que Eva pensase que podía decidir por si mesma o que estaba ben e o que estaba mal. Ademais, mentiulle sobre o que pasaría se desobedecía. Díxolle que non morrería. Logo, Eva comeu do froito e deulle tamén ó seu home. Adam e Eva sabían que Xehová lles dixera que non comesen do froito. Inda que o mandato era claro e razoable, decidiron desobedecelo. Dese xeito, demostraron que non respectaban o seu agarimoso Pai celestial. Non hai escusa para o que fixeron!
12. Por que foi unha gran decepción que Adam e Eva desobedecesen a Xehová?
12 Que triste que os nosos primeiros pais mostrasen tan pouco respecto polo seu Creador! Imaxina que tes un fillo e unha filla. Logo de esforzarte moito por crialos, deciden rebelarse contra ti. De feito, fan todo o contrario do que lles ensinaches e botan a súa vida a perder. Como te sentirías? Doeríache moitísimo, non si?
13. A que se refería Xehová ó dicir: “Ó po tes que volver”?
13 Cando Adam e Eva desobedeceron, perderon a oportunidade de vivir para sempre. Xehová díxolle a Adam: “Ti es po e ó po tes que volver” (le Xénese 3:19). Sería coma se nunca fose creado (Xénese 2:7). Despois de pecar, Adam morreu e deixou de existir.
14. Por que morremos?
Romanos 5:12). Pero iso non era o que Deus quería. El non nos creou para morrer. De feito, a Biblia di que a morte é un “inimigo” (1 Corintios 15:26).
14 De teren obedecido a Deus, Adam e Eva seguirían vivos. Pero non foi así. Desobedeceron, pecaron e co tempo morreron. O pecado é coma unha terrible enfermidade que herdamos dos nosos primeiros pais. Todos nacemos pecadores e por iso morremos (A VERDADE SOBRE A MORTE LIBÉRANOS
15. Por que nos libera saber a verdade sobre a morte?
15 Moitas relixións ensinan que os mortos seguen vivos nalgún lugar e que podemos axudalos. Por exemplo, din que podemos facelo dándolles cartos ós líderes relixiosos para que fagan unha misa por eles. Pero iso é mentira. A Biblia ensina que os mortos non sofren nin están tristes. Tamén di que non podemos falar con eles nin eles con nós. Non poden axudarnos nin nós a eles. Tampouco poden facernos dano, por iso non temos que terlles medo. Saber a verdade sobre a morte libéranos de todos estes enganos.
16. Que mentira sobre a morte ensinan moitas relixións?
16 Satanás usa as relixións falsas para enganarnos e facernos crer que os mortos seguen vivos. Por exemplo, algunhas relixións ensinan que unha parte de nós segue vivindo en algures cando morremos. Ensina iso a túa relixión? Ou ensina o que di a Biblia? Satán usa mentiras coma estas para afastar a xente de Xehová.
17. Por que é un insulto para Xehová a idea de que algunhas persoas ardan no inferno?
arderán no inferno para sempre. Esta mentira é un insulto para Xehová. El nunca faría algo así! (le 1 Xoán 4:8). Que pensarías de alguén que lle queima a man ó seu fillo para castigalo? Pensarías que é moi cruel, non si? Seguro que non quererías ser o seu amigo. Pois iso é xusto o que Satán quere que penses de Xehová.
17 O que ensinan moitas relixións é ofensivo. Por exemplo, algunhas din que os malos18. Por que non temos que terlles medo ós mortos?
18 Algunhas relixións din que cando alguén morre, convértese nun espírito que pode chegar a ser un amigo poderoso ou un inimigo terrible. Por iso ensinan que temos que respectalos ou mesmo terlles medo. Moitos cren esta mentira e por iso adoran os mortos en vez de a Xehová. Pero lembra que os mortos non poden sentir nada, así que non temos que terlles medo. Xehová é o Deus verdadeiro e o noso Creador. El é o único que merece que o adoremos (Apocalipse 4:11).
19. Como nos axuda coñecer a verdade sobre a morte?
19 Sabermos a verdade sobre a morte libéranos das mentiras que ensinan moitas relixións. Tamén nos axuda a entender as marabillosas promesas que Xehová nos fai para o futuro.
20. Que aprenderemos no seguinte capítulo?
20 Hai moito tempo, un servo de Deus chamado Xob preguntou: “Se morre o home, ¿volverá a vivir?” (Xob 14:14). A resposta que nos dá Deus na Biblia é moi emocionante. Verémola no seguinte capítulo.
^ par.5 Algunhas persoas pensan que temos unha alma ou espírito que segue vivindo despois da morte. Pero a Biblia non ensina iso (ver as notas 17 e 18).