Que quere Deus para nós?
CANDO ves a televisión, escoitas a radio, miras as noticias en Internet ou les o periódico, decátaste de que o mundo está cheo de crime, violencia, guerras e terrorismo. Poida que ti mesmo esteas a sufrir por mor dunha enfermidade ou porque perdiches a un dos teus na morte.
Quizais te preguntes:
-
É isto o que Deus quere para min e para a miña familia?
-
Onde podo atopar axuda para afrontar os meus problemas?
-
Haberá algún día paz no mundo?
Podes confiar nas respostas que dá a Biblia.
A BIBLIA DI QUE DEUS VAI FACER COUSAS ABRAIANTES POLA HUMANIDADE
-
A xente xa non se fará vella nin sufrirá nin morrerá (Apocalipse 21:4)
-
“O coxo saltará coma un corzo” (Isaías 35:6)
-
“Abriranse os ollos dos cegos” (Isaías 35:5)
- Os mortos volverán vivir (
-
Non haberá enfermidades (Isaías 33:24)
-
Haberá comida dabondo para todos (Salmo 72:16)
A BIBLIA PODE MELLORAR A TÚA VIDA
Poida que penses que o que acabas de ler nas primeiras páxinas deste libro é só un soño. Pero Deus prometeu que moi pronto fará todos estes cambios na Terra. E a Biblia explica como o vai facer.
A Biblia tamén explica o que temos que facer para sermos felices xa agora e desfrutar da vida. Pensa por un momento nas cousas que che preocupan. Poida que sexan os cartos, a familia, a saúde ou a morte dun ser querido. A Biblia pode axudarche a afrontar estes problemas e darche o acougo que precisas. Nela atoparás as respostas a preguntas coma estas:
-
Por que podemos estar seguros de que Deus fará todo o que prometeu?
Se estas a ler este libro é porque queres saber o que ensina a Biblia. Este manual vaiche axudar a conseguilo. Grazas ás preguntas dos parágrafos poderás entendela mellor. Millóns de persoas de todo o mundo desfrutaron moito aprendendo da Biblia coas testemuñas de Xehová. Esperamos que ti tamén o fagas. Estamos seguros de que Deus che axudará a descubrir o que nos ensina a Biblia.