LECCIÓN 16
Que fixo Xesús cando estivo na Terra?
Moitas persoas pensan en Xesús como un bebé indefenso nun pesebre, un profeta sabio ou un home moribundo. Pero, podemos aprender máis sobre el analizando a súa vida na Terra? Nesta lección, imos ver algunhas das cousas máis importantes que fixo Xesús e como che afectan.
1. Cal foi o labor máis importante que fixo Xesús?
O labor máis importante de Xesús foi anunciar “o Reino de Deus” (le Lucas 4:43). Predicou as boas noticias de que Deus establecería un reino, ou goberno, que solucionaría tódolos problemas da humanidade. a Durante tres anos e medio, Xesús esforzouse moito por falarlles ás persoas desta mensaxe positiva (Mateo 9:35).
2. Por que fixo milagres Xesús?
A Biblia describe moitos “milagres, marabillas e sinais” que Deus fixo mediante Xesús (Feitos 2:22). Grazas ó poder de Deus, Xesús foi capaz de calmar unha gran tormenta, alimentar miles de persoas, curar enfermos e mesmo devolverlles a vida ós mortos (Mateo 8:23-27; 14:15-21; Marcos 6:56; Lucas 7:11-17). Os milagres de Xesús deixaron claro que Deus o enviara. Tamén demostraron que Xehová ten o poder para solucionar tódolos nosos problemas.
3. Que podemos aprender da maneira de vivir de Xesús?
Xesús obedeceu sempre a Xehová (le Xoán 8:29). A pesar da oposición, Xesús fixo todo o que seu Pai lle mandou e foi fiel ata a morte. Demostrou que os humanos son capaces de obedecer a Deus, incluso cando pasan por situacións difíciles. Deste xeito, Xesús deixounos o exemplo para que sigamos os seus pasos (1 Pedro 2:21).
AFONDA MÁIS
Aprende máis sobre como predicou Xesús as boas noticias e sobre os milagres que fixo.
4. Xesús predicou as boas noticias
Xesús camiñou centos de quilómetros por camiños cheos de po para predicarlles as boas noticias ó maior número de persoas posible. Lede Lucas 8:1 e logo comentade estas preguntas:
-
Predicoulles Xesús só ás persoas que se xuntaban arredor del para escoitalo?
-
Que esforzos fixo Xesús para atopar as persoas?
Deus predixo que o Mesías predicaría boas noticias. Lede Isaías 61:1, 2 e logo comentade estas preguntas:
-
Como cumpriu Xesús esta profecía?
-
Pensas que hoxe a xente precisa escoitar boas noticias?
5. Xesús ensinou leccións moi útiles
Ademais de predicar as boas noticias do Reino de Deus, Xesús tamén ensinou leccións moi prácticas. Mira algúns exemplos no seu famoso Sermón do Monte. Lede Mateo 6:14, 34 e 7:12 e logo comentade estas preguntas:
-
Que consellos prácticos deu Xesús nestes versículos?
-
Pensas que estes consellos seguen sendo útiles?
6. Xesús fixo milagres
Xehová deulle poder a Xesús para facer moitos milagres. Para ver un exemplo, lede Marcos 5:25-34 ou poñede o VÍDEO. Logo comentade estas preguntas:
-
De que estaba convencida a muller enferma do vídeo?
-
Que te impresiona deste milagre?
Lede Xoán 5:36 e logo comentade esta pregunta:
-
De que eran proba os milagres de Xesús?
Sabíalo?
Case todo o que coñecemos de Xesús aparece nos catro libros da Biblia chamados os Evanxeos: Mateo, Marcos, Lucas e Xoán. Cada un dos escritores incluíu detalles diferentes sobre Xesús. Todos eses detalles encaixan e permítennos ter unha imaxe fascinante da súa vida.
-
MATEO
Foi o primeiro en escribir o seu Evanxeo. Céntrase nas ensinanzas de Xesús, especialmente no que ensinou sobre o Reino de Deus.
-
MARCOS
Escribiu o Evanxeo máis curto. Ten un estilo moi dinámico e está cheo de sucesos emocionantes.
-
LUCAS
Dálle especial atención á oración e a como tratou Xesús as mulleres.
-
XOÁN
Ensina moito sobre a personalidade de Xesús porque inclúe conversas del cos seus amigos íntimos e outras persoas.
HAI QUEN DI: “Xesús era un home bo, pero nada máis”.
-
Ti que pensas?
RESUMO
Xesús predicou o Reino de Deus, fixo milagres e sempre obedeceu a Xehová.
Repaso
-
Cal foi o labor máis importante que fixo Xesús cando estivo na Terra?
-
Que demostran os milagres de Xesús?
-
Que leccións prácticas ensinou Xesús?
INVESTIGA
Cal foi o tema do que máis falou Xesús?
“Por que é importante para Xesús o Reino de Deus?” (La Atalaya, 1 outubro 2014)
Analiza por que podemos confiar en que os milagres de Xesús sucederon de verdade.
“Que podes aprender dos milagres de Xesús?” (La Atalaya, 15 xullo 2004)
Le o efecto que tivo nun home aprender o moito que se preocupaba Xesús pola xente.
“O máis importante da miña vida era eu” (La Atalaya, 1 outubro 2014)
Sigue os acontecementos importantes da vida de Xesús en orde cronolóxica.
“La vida de Jesús en la tierra” (La Biblia. Traducción del Nuevo Mundo, Apéndice A7)
a Nas leccións 31 a 33 falarase do Reino de Deus con máis detalle.