LECCIÓN 20
Como está organizada a congregación
Xehová é un Deus de orde (1 Corintios 14:33). Por iso sería de esperar que o seu pobo estivese organizado. Como está organizada a congregación cristiá? E como podemos cumprir co noso papel nela?
1. Quen dirixe a congregación?
Cristo é Cabeza da congregación (Efesios 5:23). El supervisa dende o ceo as actividades do pobo de Xehová por toda a Terra. Xesús nomeou “o criado fiel e prudente”, un pequeno grupo de cristiáns con experiencia coñecido como o Consello Reitor (le Mateo 24:45-47). Igual que os apóstolos e os anciáns de Xerusalén do século primeiro, o Consello Reitor dirixe a congregación mundial (Feitos 15:2). Pero estes homes non son os líderes da nosa organización. Buscan a guía de Xehová na súa Palabra, e sométense á autoridade de Xesús.
2. Cal é o papel dos anciáns?
Os anciáns son cristiáns maduros, homes de experiencia que ensinan o que di a Biblia. Tamén coidan dos servos de Xehová axudándoos e animándoos. Non se lles paga polo labor que fan. Máis ben fano “non por pura obriga senón, como Deus quere, de boa gana; nin por baixos intereses de lucro” senón porque lles agrada (1 Pedro 5:1, 2). Os anciáns contan coa axuda dos servos ministeriais. E algúns deles poida que co tempo tamén cumpran os requisitos para ser anciáns.
O Consello Reitor nomea algúns anciáns para que sexan superintendentes de circuíto. Cada un deles visita varias congregacións para darlles guía e ánimo ós irmáns. Tamén nomean anciáns e servos ministeriais baseándose nos requisitos que di a Biblia (1 Timoteo 3:1-10, 12; Tito 1:5-9).
3. Cal é o papel de cada testemuña de Xehová?
A Biblia dilles a tódolos que forman parte da congregación que “louven o nome do Señor” (le Salmo 148:12, 13). Facemos isto cando participamos nas reunións de congregación e cando predicamos todo o que podemos segundo as nosas circunstancias.
AFONDA MÁIS
Aprende que tipo de líder é Xesús, como intentan imitar os anciáns o seu exemplo e como podemos cooperar nós con Xesús e cos anciáns.
4. Xesús é un líder que dá ánimo e consolo
Xesús fainos unha invitación moi agarimosa. Lede Mateo 11:28-30 e logo comentade esta pregunta:
-
Como quere Xesús que nos sintamos baixo a súa dirección?
Como imitan os anciáns o exemplo de Xesús? Poñede o VÍDEO.
A Biblia di con claridade como deben cumprir os anciáns co seu labor.
Lede Isaías 32:2 e 1 Pedro 5:1-3 e logo comentade estas preguntas:
-
Como te sentes ó saber que os anciáns, igual que Xesús, se esforzan por consolar e animar os demais?
-
De que outros xeitos imitan os anciáns a Xesús?
5. Os anciáns ensinan co seu exemplo
Como quere Xesús que vexan os anciáns o papel que teñen? Poñede o VÍDEO.
Xesús deixou instrucións para os que teñen a responsabilidade de guiar a congregación. Lede Mateo 23:8-12 e logo comentade estas preguntas:
-
Que instrucións lles dá a Biblia ós anciáns? Pensas que os líderes doutras relixións seguen esas instrucións?
-
Os anciáns manteñen forte a súa espiritualidade e a das súas familias
-
Os anciáns coidan de tódolos que forman parte da congregación
-
Os anciáns predican con regularidade
-
Os anciáns ensinan. Tamén axudan coa limpeza e con outras tarefas
6. Como podemos cooperar cos anciáns
A Biblia dános unha razón importante para cooperar cos anciáns. Lede Hebreos 13:17 e logo comentade estas preguntas:
-
Cres que é razoable que a Biblia nos anime a ser obedientes e submisos ós que dirixen a congregación? Por que pensas así?
Lede Lucas 16:10 e logo comentade esta pregunta:
-
Por que é importante cooperar cos anciáns, mesmo en cousas que parecen de pouca importancia?
HAI QUEN DI: “Cada un adora a Deus como quere, non tes por que pertencer a unha relixión organizada”.
-
Que beneficios pensas que ten adorar a Deus como parte dunha congregación?
RESUMO
Xesús é Cabeza da congregación. Os anciáns serven baixo a súa dirección e nós cooperamos con eles de boa gana porque nos animan, nos consolan e nos ensinan co seu exemplo.
Repaso
-
Quen é a Cabeza da congregación?
-
Como axudan os anciáns á congregación?
-
Cal é o papel de cada testemuña de Xehová?
INVESTIGA
Fíxate en canto se preocupan o Consello Reitor e outros anciáns polos seus irmáns.
Aprende máis sobre o labor que fan os superintendentes de circuíto.
A vida dun superintendente de circuíto nunha zona rural (4:51)
Mira cal é o papel das mulleres na congregación.
“Teñen ministras relixiosas as testemuñas de Xehová?” (La Atalaya, 1 setembro 2012)
Descubre como se esforzan os anciáns por animar os seus irmáns.
“Os anciáns, colaboradores para a nosa alegría” (La Atalaya, 15 xaneiro 2013)