Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 39

O punto de vista de Deus sobre o sangue

O punto de vista de Deus sobre o sangue

O sangue é imprescindible, sen el non poderiamos vivir. Como Deus é o Creador, ten o dereito a decidir como se debe usar. Que dixo sobre o sangue? Pódese comer ou usar nunha transfusión? E como podes tomar boas decisións sobre este tema?

1. Cal é o punto de vista de Xehová sobre o sangue?

En tempos bíblicos, Xehová díxolles ós seus adoradores: “A vida de toda carne é o seu sangue” (Levítico 17:14). Para Xehová, o sangue representa a vida. Como a vida é un regalo de Deus, e para el é sagrada, o sangue tamén é sagrado.

2. Que uso do sangue prohibe Deus?

Pouco despois do Diluvio, Xehová mandoulles ós seus adoradores que non comesen sangue. E repetiulle este mandato á nación de Israel (le Xénese 9:4Levítico 17:10). Séculos máis tarde, díxolles ós cristiáns a través do consello reitor que debían “absterse [...] do sangue” (le Feitos 15:28, 29).

Que significa absterse do sangue? Se o médico che di que te absteñas do alcohol, non o beberías. Pero, tomarías comidas que tivesen alcohol ou introduciríalo no corpo pola vea? Evidentemente non. Do mesmo xeito, absterse de sangue significa que non debemos bebelo ou comer carne que non fose desangrada. Tamén implica non comer nada ó que se lle engadise sangue.

E que pasa co uso médico do sangue? Algúns procedementos médicos violan claramente a lei de Deus. Este é o caso das transfusións de sangue completo ou de calquera dos seus compoñentes principais: glóbulos vermellos, glóbulos brancos, plaquetas e plasma. Outros procedementos médicos poderían non ser unha clara violación da lei de Deus. Por exemplo, algúns implican o uso de fraccións dalgún dos compoñentes principais do sangue. Outros implican o uso do sangue da propia persoa. Á hora de valorar estas opcións, cada un ten que tomar a súa propia decisión (Gálatas 6:5). a

AFONDA MÁIS

Analiza como podes tomar decisións sobre o uso médico do sangue.

3. Toma decisións médicas que lle agraden a Xehová

Como podes tomar decisións médicas que estean de acordo co punto de vista de Deus? Poñede o VÍDEO e logo comentade por que é importante dar os seguintes pasos:

  • Pídelle sabedoría a Xehová (Santiago 1:5).

  • Busca que principios bíblicos hai envoltos e como aplican neste asunto (Proverbios 13:16).

  • Mira que opcións médicas están dispoñibles na túa zona.

  • Identifica cales desas opcións son claramente inaceptables para ti.

  • Asegúrate de que a túa decisión te deixe coa conciencia limpa (Feitos 24:16). b

  • Recorda que ninguén debería dicirche o que tes que decidir en asuntos de conciencia, nin sequera a túa parella, un ancián ou o teu mestre da Biblia (Romanos 14:12).

  • Pon a túa decisión por escrito.

4. As testemuñas de Xehová buscamos atención médica de calidade

É posible respectar a lei de Deus e ó mesmo tempo recibir atención médica de calidade sen sangue. Poñede o VÍDEO.

Lede Tito 3:2 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que deberiamos tratar os profesionais médicos con calma e respecto?

Inaceptable

Decisión persoal

A. Plasma sanguíneo

Fraccións do plasma

B. Glóbulos brancos

Fraccións dos glóbulos brancos

C. Plaquetas

Fraccións das plaquetas

D. Glóbulos vermellos

Fraccións dos glóbulos vermellos

 5. As fraccións sanguíneas

O sangue ten catro compoñentes principais: glóbulos vermellos, glóbulos brancos, plaquetas e plasma. Estes compoñentes poden dividirse en moitos compoñentes máis pequenos chamados fraccións. c Algunhas destas fraccións úsanse en medicamentos que axudan a tratar enfermidades ou a deter o sangrado.

Cando se trata de fraccións sanguíneas, cada cristián debe tomar a súa decisión baseándose na súa conciencia educada pola Biblia. Algúns poida que decidan rechazar un tratamento ou procedemento médico que implique o uso de fraccións sanguíneas. Outros poida que sintan que a súa conciencia lles permite aceptar as fraccións.

Cando tomes a túa decisión, pensa nisto:

  • Como lle explicaría ó meu médico por que acepto ou rechazo o uso de certas fraccións sanguíneas?

ALGUÉN PODERÍA PREGUNTAR: “Que hai de malo en aceptar unha transfusión de sangue?”.

  • Ti que pensas?

RESUMO

Xehová quere que evitemos o mal uso do sangue.

Repaso

  • Por que o sangue é sagrado para Xehová?

  • Por que sabemos que o mandato de Deus de absterse do sangue aplica ás transfusións sanguíneas?

  • Como podes tomar boas decisións sobre o uso médico do sangue?

Intenta isto

INVESTIGA

Que deberías ter en conta para tomar decisións sobre procedementos médicos que impliquen o uso do teu propio sangue?

“Preguntas dos lectores” (La Atalaya, 15 outubro 2000)

Que deberías ter en conta cando decidas se aceptas ou non fraccións sanguíneas?

“Preguntas dos lectores” (La Atalaya, 15 xuño 2004)

Que levou a un médico a crer que o punto de vista de Xehová sobre o sangue é razoable?

“Aceptei o punto de vista de Deus sobre o sangue” (¡Despertad!, 8 decembro 2003)

Aprende como os anciáns que forman parte dos Comités de Relacións con Centros Hospitalarios axudan ós irmáns.

Xehová coida dos enfermos (10:23)

a Mira a lección 35, “Como podemos tomar boas decisións?”.

b Mira o  punto 5, “As fraccións sanguíneas”, e a Nota 3, “Procedementos médicos que implican o uso do sangue”.

c Algúns médicos ven os catro compoñentes principais do sangue como fraccións. Por iso, poida que teñas que explicarlle a túa decisión persoal de non aceptar transfusións de sangue completo nin de glóbulos vermellos, glóbulos brancos, plaquetas ou plasma.