Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 44

Agrádanlle a Deus tódalas festas?

Agrádanlle a Deus tódalas festas?

Xehová quere que desfrutemos da vida e que nos xuntemos de vez en cando para pasalo ben. Pero, agrádanlle tódalas festas? Como podemos demostrar o noso amor por Xehová neste asunto?

1. Por que lle desagradan a Xehová moitas festas?

Quizais te sorprenda descubrir que moitas celebracións teñen orixes pagás ou están baseadas en ensinanzas que van en contra do que di a Biblia. Poida que algunhas delas estean relacionadas coa relixión falsa, co ocultismo ou que se baseen na idea de que a alma é inmortal. Algunhas empezaron a celebrarse por superstición ou pola crenza na boa sorte. Por iso Xehová lles advirte ós que o adoran: “Saíde do medio desa xente, [...] non toquéde-lo que é impuro” (2 Corintios 6:17). a

2. Que pensa Xehová das festas que se fan en honor a certas persoas?

Xehová advírtenos de que non caiamos na trampa de poñer a nosa confianza en simples humanos (le Xeremías 17:5). Algunhas festas danlles honra a gobernantes ou militares. Outras danlles honra a símbolos nacionais ou celebran a independencia dun país (1 Xoán 5:21). E outras promoven movementos políticos ou sociais. Como se sentiría Xehová se lle damos honra indebida a unha persoa ou organización, sobre todo se promove ideas contrarias ó seu propósito?

3. Que comportamentos poden facer que unha celebración sexa inaceptable?

A Biblia condena as “orxías, esmorgas, borracheiras” e cousas parecidas (1 Pedro 4:3). Nalgunhas festas a xente descontrólase e fai cousas inmorais. Para seguir sendo amigos de Xehová temos que manternos ben lonxe de todos eses comportamentos sucios en sentido moral.

AFONDA MÁIS

Descubre como podes agradarlle a Xehová tomando boas decisións sobre as festas.

4. Rechaza as celebracións que deshonran a Xehová

Lede Efesios 5:10 e logo comentade estas preguntas:

  • De que temos que asegurarnos antes de decidir se imos celebrar unha festa ou non?

  • Que festas son típicas onde vives ti?

  • Pensas que a Xehová lle agradan esas festas?

Por exemplo, pensaches algunha vez no que opina Deus dos cumpreanos ou aniversarios de nacemento? Na Biblia non se menciona ningún servo de Xehová que os celebrase. Pero si menciona dous cumpreanos de persoas que non o adoraban. Lede Xénese 40:20-22 e Mateo 14:6-10 e logo comentade estas preguntas:

  • Que teñen en común estes dous cumpreanos?

  • Polo que liches nestes relatos, como pensas que se sente Xehová con estas celebracións?

Poida que te preguntes: “De verdade lle importa a Xehová se celebro un cumpreanos ou calquera outra festa que vai en contra do que di a Biblia?”. Lede Éxodo 32:1-8. Logo poñede o VÍDEO e comentade estas preguntas:

  • Por que temos que asegurarnos do que Xehová aproba?

  • Como podemos facelo?

Como saber se unha festa lle desagrada a Xehová?

  • Está baseada nalgunha ensinanza que vai en contra do que di a Biblia? Para sabelo investiga a súa orixe.

  • Dálle honra indebida a algún humano, organización ou símbolo nacional? Dámoslle honra a Xehová por riba de tódalas cousas e confiamos en que el solucionará tódolos problemas do mundo.

  • Ten prácticas ou costumes que van en contra do que di a Biblia? Temos que manternos moralmente limpos.

5. Axúdalles a outros a respectar as túas crenzas

Pode ser difícil resistir a presión doutras persoas para que participes en festas que lle desagradan a Xehová. Explica as túas decisións con respecto e paciencia. Para ver un exemplo de como facelo, poñede o VÍDEO.

Lede Mateo 7:12 e logo comentade estas preguntas:

  • Segundo este texto, deberías dicirlles ós teus familiares non crentes que non poden celebrar certa festa?

  • Que poderías facer para asegurarlles ós teus familiares que lles queres moito aínda que non celebres certa festa con eles?

6. Xehová quere que sexamos felices

Xehová quere que desfrutemos de bos momentos coa familia e os amigos. Lede Eclesiastés 8:15 e logo comentade esta pregunta:

  • Como demostra este versículo que Xehová quere que sexamos felices?

Xehová quere que os seus servos se divirtan e o pasen ben xuntos. Poñede o VÍDEO para ver como se pode ver isto claramente nos nosos congresos internacionais.

Lede Gálatas 6:10 e logo comentade estas preguntas:

  • Temos que celebrar as festas para facerlles ben a outros?

  • Que te fai máis feliz? Ter que dar un regalo por obriga en certa festa ou facelo cando che sae do corazón?

  • Moitas testemuñas de Xehová organizan de cando en vez algo especial para os seus fillos e danlles regalos. Se tes nenos, que cousas especiais poderías facer para eles?

HAI QUEN DI: “Que máis dá de onde veña unha festa? O caso é pasalo ben coa familia e cos amigos”.

  • Ti que dirías?

RESUMO

Xehová quere que desfrutemos de bos momentos coa familia e os amigos. Pero tamén quere que evitemos as celebracións que non lle agradan.

Repaso

  • Que preguntas podemos facernos para saber se unha celebración lle desagrada a Xehová?

  • Como podemos axudar á nosa familia e amigos a entender as nosas decisións sobre as festas?

  • Como sabes que Xehová quere que sexamos felices e nos divirtamos?

Intenta isto

INVESTIGA

Analiza algunhas festas que os cristiáns non celebramos.

“Por que as testemuñas de Xehová non celebran certas festividades?” (Artigo web)

Descubre catro razóns polas que cremos que a Deus lle desagrada que se celebren os cumpreanos.

“Por que as testemuñas de Xehová non celebran os cumpreanos?” (Artigo web)

Aprende como os nenos que aman a Xehová poden facelo feliz cando outros celebran festas que lle desagradan.

Ti vales moito para Xehová (11:35)

Millóns de cristiáns decidiron non celebrar o Nadal. Que pensan da decisión que tomaron?

“Atoparon algo mellor” (La Atalaya, 1 decembro 2012)

a Para saber que podes facer nalgunhas situacións relacionadas coas festas, mira a Nota 5.