Estou preparado?
Estou preparado para predicar coa congregación?
Poida que esteas preparado para ser publicador non bautizado se...
tes o costume de estudar a Biblia, orar e ir ás reunións de congregación.
valoras e cres o que estás aprendendo e queres contárllelo a outros.
amas a Xehová e escolles amigos que tamén o aman.
cortaches toda relación con calquera organización política ou da relixión falsa.
vives de acordo coas normas de Deus e queres ser testemuña de Xehová.
Se pensas que xa estás preparado para predicar coa congregación, o teu mestre da Biblia falará cos anciáns e eles xuntaranse contigo para ver se cumpres os requisitos.
Estou preparado para bautizarme?
Poida que esteas preparado para bautizarte se...
es publicador non bautizado.
predicas todo o que podes e con regularidade.
apoias e segues a guía do “criado fiel e prudente” (Mateo 24:45-47).
xa te dedicaches a Xehová en oración e queres servilo para sempre.
Se pensas que xa estás preparado para bautizarte, o teu mestre da Biblia falará cos anciáns e eles xuntaranse contigo para ver se cumpres os requisitos.