LECCIÓN 12
Como podes achegarte a Deus?
1. Escoita Deus tódalas oracións?
Deus invita a tódalas persoas a que se acheguen a el mediante a oración (Salmo 65:3 [65:2, NM]). Non obstante, non escoita, ou acepta, calquera oración. Por exemplo, podería non escoitar a oración dun home que maltrata a súa muller (1a Pedro 3:7). Así, cando os israelitas teimaban en facer o que estaba mal, Deus rexeitaba as súas oracións. Orar é un privilexio que debemos valorar. Non obstante, Deus aceptará as oracións dos que cometeron pecados graves sempre e cando se arrepintan. Le Isaías 1:15; 55:7.
Ver o vídeo Escoita Deus tódalas oracións?
2. Como debemos orar?
Orar é parte da nosa adoración, e só podemos orar ó noso Creador, Xehová (Mateo 4:10; 6:9). Ó ser imperfectos, temos que orar no nome de Xesús porque morreu polos nosos pecados (Xoán 14:6). Xehová non quere que repitamos oracións que saibamos de memoria ou que estean escritas. Quere que lle oremos dende o corazón. Le Mateo 6:7; Filipenses 4:6, 7.
O Creador pode oír ata as oracións que facemos en silencio (1o Samuel 1:12, 13). Invítanos a orarlle en toda ocasión, como ó principio e ó final do día, nas comidas ou cando afrontamos problemas. Le Salmo 55:23 (55:22, NM); Mateo 15:36.
3. Por que se reúnen os cristiáns?
Estar cerca de Deus non é fácil xa que vivimos rodeados de xente sen fe e que se burla da Súa promesa de paz para a Terra (2a Timoteo 3:1, 4; 2a Pedro 3:3, 13). Así que necesitamos o ánimo que dá asociarnos con adoradores verdadeiros de Deus, e eles tamén nos necesitan. Le Hebreos 10:24, 25.
Relacionarnos coas persoas que aman a Deus axúdanos a achegarnos a El. Nas reunións das testemuñas de Xehová animarémonos grazas á fe dos demais. Le Romanos 1:11, 12.
4. Como podes achegarte a Deus?
Podes achegarte a Xehová meditando no que aprendes da súa Palabra. Pensa no que podes aprender del polos seus feitos, os seus consellos e as súas promesas. Se oras e meditas nisto apreciarás cada vez máis o amor e a sabedoría de Deus. Le Xosué 1:8; Salmo 1:1-3.
Só chegarás a estar preto de Deus se confías e tes fe nel. Pero, coma se fose un ser vivo, tes que alimentar continuamente a túa fe meditando nas razóns das túas crenzas. Le Mateo 4:4; Hebreos 11:1, 6.
5. Como te beneficiará estar preto de Deus?
Xehová coida dos que o aman. Pode protexelos de calquera cousa que poña en perigo a súa fe e a súa esperanza de vida eterna (Salmo 91:1, 2, 7-10). El aconséllanos sobre os estilos de vida que poden poñer en perigo a nosa saúde ou a nosa felicidade. Xehová ensínanos o mellor modo de vivir. Le Salmo 73:27, 28; Santiago 4:4, 8.