LECCIÓN 9
Como ter unha familia feliz?
1. Por que é o matrimonio a base dunha familia feliz?
Xehová, que é un Deus feliz e só ten boas noticias para nós, quere que as familias sexan felices (1a Timoteo 1:11, NM). El instituíu o matrimonio. Estar legalmente casados é moi importante para a familia, xa que prové un entorno estable no que criar os fillos. Tódolos cristiáns deberían respectar as leis locais relativas ó rexistro do matrimonio. Le Lucas 2:1, 4, 5
Como ve Deus o matrimonio? Estableceuno como unha unión permanente entre un home e unha muller. Xehová quere que os esposos e as esposas sexan fieis (Hebreos 13:4). El odia o divorcio (Malaquías 2:16, NM). Non obstante, permíteo só en caso de adulterio. Le Mateo 19:3-6, 9.
2. Como se deberían tratar os cónxuxes entre si?
Xehová creou o home e a muller de xeito que se complementasen dentro do matrimonio (Xénese 2:18). Como cabeza de familia, o home é o principal responsable de atender as necesidades materiais da súa familia, así como de ensinarlles acerca de Deus. Tamén debería estar disposto a facer sacrificios pola súa esposa. Entre marido e muller debe haber un ambiente de amor e respecto. E, xa que todos somos imperfectos, saber perdoar é fundamental para ser felices como matrimonio. Le Efesios 4:31, 32; 5:22-25, 33; 1a Pedro 3:7.
3. Debería poñerse fin a un matrimonio infeliz?
Se un matrimonio está a pasar por dificultades, ámbolos dous deberían traballar para tratarse con amor (1a Corintios 13:4, 5). A Palabra de Deus non recomenda a separación como o camiño a seguir para resolver os problemas comúns entre as parellas. Le 1a Corintios 7:10-13.
4. Que quere Deus para os fillos?
Xehová desexa que os fillos sexan felices. Por iso, lles dá os mellores consellos para que aproveiten a súa xuventude. Tamén quere que se beneficien da sabedoría e da experiencia dos seus pais (Colosenses 3:20). Ademais, desexa que a xente nova experimente a ledicia de facer o que lle agrada a El e ó Seu Fillo. Le Eclesiastés 11:9-12:1; Mateo 19:13-15; 21:15, 16.
5. Que poden facer os pais para que os seus fillos sexan felices?
Os pais deben facer todo o que poidan para darlles ós seus fillos comida, teito e abrigo (1a Timoteo 5:8). Pero a súa felicidade tamén depende de que lles axuden a coñecer e amar a Deus (Efesios 6:4). Se os pais poñen o exemplo en amar a Deus, isto pode ter un profundo efecto no corazón dos fillos. Cando os pais basean na Biblia a educación dos seus fillos, isto ten un efecto positivo na súa forma de pensar. Le Deuteronomio 6:4-7; Proverbios 22:6.
Os fillos necesitan que os pais os animen e feliciten. Pero tamén necesitan disciplina e corrección, para así protexelos de tomar decisións na vida que lles causen infelicidade (Proverbios 22:15). Non obstante, esta disciplina nunca debería ser dura ou cruel. Le Colosenses 3:21.
As testemuñas de Xehová dispoñen de varias publicacións baseadas na Biblia, pensadas especialmente para axudar a pais e fillos. Le Salmo 19:8, 12 (19:7, 11, NM).