Ir ó contido

Ir ó índice

PARTE 11

A quen escoita Xehová?

A quen escoita Xehová?

Deus escoita as nosas oracións (1 Pedro 3:12)

Xehová desexa escoitar as nosas oracións (Salmo 65:3). Quere que lle falemos dende o corazón.

Debémoslle orar a Xehová, a ninguén máis.

Podemos orar por moitos asuntos (1 Xoán 5:14)

Oremos para que a vontade de Deus se faga no ceo e na terra.

Oremos no nome de Xesús e así amosaremos canto valoramos o que fixo por nós.

Pidámoslle a Xehová que nos axude a facer o ben. Tamén lle podemos orar por outras cousas que nos preocupen, como a comida, o emprego, a vivenda, a roupa ou a saúde.