Ir ó contido

Ir ó índice

PARTE 1

Como podemos escoitar a Deus?

Como podemos escoitar a Deus?

Deus fálanos por medio da Biblia (2 Timoteo 3:16)

Deus fixo que homes escribiran nun libro os Seus pensamentos. Ese libro é a Biblia. Nela atopamos información importante que El quere que saibamos.

Deus sabe o que máis nos convén. Se lle escoitamos, poderemos tomar boas decisións (Proverbios 1:5).

Deus quere que todo o mundo lea a Biblia. Hoxe en día está dispoñible en moitos idiomas.

Escoitamos a Deus cando lemos e entendemos a Biblia.

Xente de todo o mundo xa está escoitando a Deus (Mateo 28:19)

As Testemuñas de Xehová poden axudarte a entender a Biblia.

Por todo o mundo ensinan a verdade sobre Deus.

Estas clases son gratis. Podes aprender máis sobre Deus nas reunións das Testemuñas de Xehová.