Ir ó contido

Ir ó índice

A Terra feita un paraíso

A Terra feita un paraíso

Xehová reparará todo o dano que causou Satanás. Para logralo, Xehová nomeou Rei sobre toda a Terra a Xesús. Baixo a súa gobernación, a Terra transformarase nun paraíso (Salmo 37:11, 29; Daniel 7:13, 14).

Xehová promete estas cousas:

  • ABUNDANCIA DE ALIMENTO: “O agro dá os seus froitos, bendinos o noso Deus” (Salmo 67:7 [67:6, TNM]). “Abundará o trigo nos campos, nos montes ondularán coma no Líbano os froitos” (Salmo 72:16).

  • NON HABERÁ GUERRAS: “Vinde e vede as obras do Señor [...]. Contén a guerra en tódolos confíns, rompe os arcos, quebra as lanzas, queima os carros de guerra” (Salmo 46:9, 10, [46:8, 9, TNM]).

  • NON HABERÁ XENTE MALA: “Os malvados serán certamente destruídos [...]. Un pouco aínda: xa os impíos non existen, fíxate no seu lugar: xa non están” (Salmo 37:9, 10).

  • NON HABERÁ ENFERMIDADES NIN MORTE NIN DOR: “Entón abriranse os ollos dos cegos, e os oídos dos xordos destaparanse. Entón o coxo saltará coma un corzo e a lingua do mudo cantará xubilosa” (Isaías 35:5, 6).

    “E El será o seu Deus e compañeiro. Enxugará tódalas bágoas dos seus ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor, porque as primeiras cousas pasaron xa” (Apocalipse 21:3, 4).

A diferenza de Satanás e os demos, Xehová nunca mente. Todo o que el promete vaise cumprir (Lucas 1:36, 37). Xehová quérete e quere que vivas no Paraíso que fará. Para aprender máis sobre as marabillosas verdades que contén a Palabra de Deus, ponte en contacto coas testemuñas de Xehová. Se aplicas a verdade na túa vida, quedarás libre da falsidade, da superstición e da ignorancia. Co tempo, incluso serás liberado do pecado e da morte. Como dixo Xesús: “E coñeceréde-la verdade e a verdade faravos libres” (Xoán 8:32).