Ir ó contido

Ir ó índice

ASPECTO DA ORATORIA 10

Modulación

Modulación

Proverbios 8:4, 7

EN QUE CONSISTE? Variar o volume, o ton e o ritmo ó falar, co propósito de transmitir as ideas dun xeito claro e espertar sentimentos.

COMO LOGRALO?

  • Varía o volume. Sube o volume para destacar os puntos principais e motivar os presentes. Utiliza esta mesma técnica cando leas pasaxes da Biblia que conteñan mensaxes de condena. Baixa o volume para crear expectación ou para transmitir sentimentos de medo ou preocupación.

  • Varía o ton. Eleva o ton para indicar tamaño ou distancia, ou para expresar entusiasmo. Baixa o ton para expresar mágoa ou preocupación.

  • Varía o ritmo. Fala máis rápido cando queiras transmitir entusiasmo, e máis amodo ó falar dos puntos principais.