Ir ó contido

Ir ó índice

ASPECTO DA ORATORIA 11

Entusiasmo

Entusiasmo

Romanos 12:11

EN QUE CONSISTE? Falar con intensidade e viveza co propósito de animar e motivar o auditorio.

COMO LOGRALO?

  • Fala dende o corazón. Mentres preparas a túa intervención, dedica tempo a reflexionar na importancia da información que vas presentar. Familiarízate con ela ata que poidas falar con sentimento e dende o corazón.

  • Pensa no auditorio. Reflexiona en como pode beneficiar ó auditorio a información que vas presentar ou a lectura que vas facer. Pensa en como podes conseguir que os presentes valoren aínda máis a información.

  • Dálle vida á presentación. Fala con entusiasmo. Os teus xestos e expresións faciais deben expresar sentimento, pero sempre dun xeito natural.