ASPECTO DA ORATORIA 16
Falar de xeito animador e positivo
Xob 16:5
EN QUE CONSISTE? Presentar a información dun xeito que motive. Centrarse nas solucións e non nos problemas.
COMO LOGRALO?
-
Mantén un punto de vista positivo sobre o auditorio. Non teñas dúbidas de que os irmáns desexan agradar a Xehová. Aínda que teñas que dar consello, primeiro felicítaos de maneira sincera sempre que sexa posible.
-
Limita a información negativa. Non inclúas máis información negativa da que sexa necesaria para acadar o teu obxectivo. O ton xeral da intervención debería ser positivo.
-
Usa ben a Palabra de Deus. Dirixe a atención dos presentes ó que Xehová fixo, está a facer e fará pola humanidade. Anima e fortalece o auditorio.