ASPECTO DA ORATORIA 18
Exposición instrutiva
1 Corintios 9:19-23
EN QUE CONSISTE? Axudar ós presentes a reflexionar na información e a quedar coa sensación de que aprenderon algo valioso.
COMO LOGRALO?
-
Pensa no que xa sabe o auditorio. Máis ben que repetir cousas que xa coñecen, axuda ós presentes a ver o tema dende un punto de vista novo ou diferente.
-
Investiga e reflexiona. Cando sexa posible, ilustra as ideas clave usando detalles pouco coñecidos ou sucesos de actualidade. Dedica tempo a reflexionar na información que vas presentar e pensa en como se relaciona cos detalles que queres mencionar.
-
Mostra o valor práctico. Explica como a Biblia pode axudar os presentes na súa vida diaria. Fala de actividades, problemas ou sentimentos que lles resulten coñecidos.