ASPECTO DA ORATORIA 2
Naturalidade
2 Corintios 2:17
EN QUE CONSISTE? Ser un mesmo, falar dende o corazón e transmitir os sentimentos que un ten cara ó tema e ós presentes.
COMO LOGRALO?
-
Ora a Xehová e prepárate ben. Pídelle a Xehová que che axude a concentrarte na información que vas presentar e non nos nervios que poidas sentir. Ten claros os puntos principais. Exprésate coas túas propias palabras e non te limites a repetir ó pé da letra a información impresa.
-
Fala dende o corazón. Pensa por que os presentes necesitan escoitar a información. Céntrate neles. Entón, a túa postura, xestos e expresións faciais transmitirán agarimo e interese sincero.
-
Mira o auditorio. Mantén o contacto visual sempre que non resulte ofensivo. Cando deas un discurso, non te limites a mirar todo o grupo en conxunto. Máis ben, vai mirando cada un dos presentes de maneira individual.