Ir ó contido

Ir ó índice

ASPECTO DA ORATORIA 5

Lectura precisa

Lectura precisa

1 Timoteo 4:13

EN QUE CONSISTE? Ler en voz alta exactamente o que está escrito.

COMO LOGRALO?

  • Prepárate ben. Pensa por que se escribiu a porción que vas ler. Practica lendo grupos de palabras, máis ben que lelas unha por unha. Ten coidado de non engadir, omitir ou substituír ningunha palabra. Respecta tódolos signos de puntuación.

  • Pronuncia correctamente cada palabra. Se non sabes como se pronuncia unha palabra, consulta un dicionario, escoita a gravación da publicación ou pídelle a un bo lector que te axude.

  • Vocaliza. Pronuncia tódalas palabras claramente, mantén ergueita a cabeza e abre ben a boca. Esfórzate por non comer ningunha sílaba.