Ir ó contido

Ir ó índice

ASPECTO DA ORATORIA 6

Aplicación clara dos textos bíblicos

Aplicación clara dos textos bíblicos

Xoán 10:33-36

EN QUE CONSISTE? Non limitarse a ler un texto bíblico e deseguida pasar a outra idea. Asegurarse de que os presentes entendan a relación entre o texto que se acaba de ler e a idea que se quere destacar.

COMO LOGRALO?

  • Identifica as palabras clave. Despois de ler un texto bíblico, destaca as palabras que se relacionan co punto que queres explicar. Podes repetilas ou facer unha pregunta que axude ós presentes a identificalas.

  • Destaca a idea que desexes que se lembre. Se antes de ler un texto mencionaches por que ías lelo, por exemplo, para probar certa idea, despois explica como as palabras clave do texto apoian esa idea.

  • Aplicación sinxela. Evita mencionar detalles irrelevantes que non apoien a idea clave. Tendo en conta o que xa saben os presentes sobre o tema, decide canta información é necesaria para que a aplicación da información sexa clara e entendible.