Ir ó contido

Ir ó índice

Carta do Consello Reitor

Carta do Consello Reitor

“Xa tiñades que ser mestres” (Heb. 5:12). Imaxina! Xehová, o mellor mestre do Universo, convídanos a cada un de nós a ensinar a outros acerca del. Facelo é un honor e unha gran responsabilidade. Como podemos ensinar acerca de Xehová na familia, na congregación ou na predicación?

Atopamos a resposta nas palabras que o apóstolo Paulo escribiu a Timoteo: “Dedícate á lectura, á exhortación, ó ensino”. Paulo engadiu: “Mantente en todo iso, que, facéndoo, te salvarás ti e salvara-los que che fagan caso” (1 Tim. 4:13, 16). A mensaxe que predicamos salva vidas. Por iso é tan importante que melloremos na nosa lectura e no noso ensino. Este folleto está deseñado para axudarche a acadar ese obxectivo. Nas súas páxinas poderás atopar algunhas destas características:

Unha pasaxe bíblica en cada aspecto da oratoria que contén un exemplo de como aplicalo ou un principio relacionado.

Xehová é o mellor mestre que existe (Xob 36:22). Este folleto axudarache a mellorar como lector e mestre. Non obstante, nunca esquezas que Xehová é a Fonte da mensaxe que predicamos e que é El quen atrae as persoas (Xn. 6:44). Polo tanto, pídelle a miúdo a Deus o seu espírito santo. Usa acotío a Súa Palabra, a Biblia. Dirixe sempre a atención a Xehová e non a ti mesmo. Esfórzate por axudar ás persoas que te escoiten a amar a Xehová.

Recibiches a invitación de ensinar e dar a coñecer a mensaxe máis importante que calquera persoa poida escoitar xamais. Estamos convencidos de que, coa axuda de Xehová, poderás logralo (1 Pe. 4:11).

Os vosos compañeiros de ensino,

Consello Reitor das Testemuñas de Xehová