Ir ó contido

Ir ó índice

APÉNDICE C

Como dirixir clases da Biblia utilizando Desfruta da vida para sempre!

Como dirixir clases da Biblia utilizando Desfruta da vida para sempre!

Cando se preparou o curso da Biblia Desfruta da vida para sempre!, os irmáns oraron moito e pensaron con moito coidado que información incluír. Por iso, cando dirixas clases da Biblia usa o método que se describe a continuación para sacarlle o máximo proveito a este curso.

Antes da clase

  1. 1. Prepárate ben. Dedica tempo a pensar nas necesidades, circunstancias e puntos de vista do teu estudante. Trata de prever as ideas que lle poidan resultar especialmente difíciles de entender ou de aplicar. Analiza como lle pode axudar a información da sección “Investiga” e prepárate para utilizala durante a clase se fose necesario.

Durante a clase

  1. 2. Comeza e termina cada clase con oración, se o teu estudante está de acordo.

  2. 3. Non fales demasiado. Céntrate na información e deixa que o estudante se exprese.

  3. 4. Cando empecedes unha sección, le a idea principal e destaca algúns dos títulos das leccións que analizaredes.

  4. 5. Cando terminedes unha sección, usa o repaso para axudar ó teu estudante a recordar as verdades que aprendeu.

  5. 6. Ó analizar cada lección:

    1. Lede os parágrafos.

    2. Lede tódolos textos marcados con “le” ou “lede”.

    3. Se é necesario, lede outros textos que aparecen na lección.

    4. Mirade tódolos vídeos da sección “Afonda máis” (se tes os medios para facelo).

    5. Faille tódalas preguntas ó estudante.

    6. Fixádevos nos debuxos da sección “Afonda máis” e pídelle ó estudante que os comente.

    7. Usa o recadro “Intenta isto” para axudar ó estudante a ver o seu progreso. Anímao a alcanzar a meta que aparece como exemplo. Tamén podedes falar doutras metas que podería poñerse.

    8. Pregúntalle ó estudante se lle gustou especialmente algún dos vídeos ou artigos da sección “Investiga”.

    9. Intenta estudar unha lección completa en cada clase.

Despois da clase

  1. 7. Sigue pensando no teu estudante. Óralle a Xehová para que bendiga os seus esforzos por progresar. Pídelle tamén que che dea a sabedoría para saber como axudarlle.