Ir ó contido

Ir ó índice

COMEZA CONVERSAS

LECCIÓN 4

Humildade

Humildade

Principio bíblico: “Que cadaquén pense humildemente que os outros son máis ca el” (Flp. 2:3).

Que fixo Paulo?

1. Mira o VÍDEO ou le Feitos 26:2, 3. Despois pensa nas seguintes preguntas:

  1.    Como demostrou Paulo humildade pola forma na que lle falou ó rei Agripa?

  2.   Que fixo Paulo para dirixir a atención a Xehová e ás Escrituras, e non a si mesmo? (Ver Feitos 26:22).

Que podes aprender de Paulo?

2. A mensaxe que predicamos é máis atractiva cando falamos con humildade e respecto.

Imita o exemplo de Paulo

3. Non sexas arrogante. Evita dar a impresión de que o sabes todo e de que a outra persoa non sabe nada. Fálalle de forma respectuosa.

4. Deixa claro que todo o que ensinas se basea na Biblia. A Palabra de Deus contén pensamentos que chegan ó corazón das persoas. Cando a utilizamos, estamos edificando a súa fe sobre a base correcta.

5. Mantén a calma. Non queremos discutir, así que non insistas en levar a razón. Demostra humildade mantendo a calma e ten en conta que ás veces é mellor marchar (Pr. 17:14; Tit. 3:2). Responder de forma amable pode deixar a porta aberta para ter unha boa conversación no futuro.

VER TAMÉN

Rm. 12:16-18; 1 Cor. 8:1; 2 Cor. 3:5