Ir ó contido

Ir ó índice

COMEZA CONVERSAS

LECCIÓN 5

Tacto

Tacto

Principio bíblico: “Que a vosa conversa sexa sempre agradable” (Col. 4:6).

Que fixo Paulo?

1. Mira o VÍDEO ou le Feitos 17:22, 23. Despois pensa nas seguintes preguntas:

  1.    Como se sentiu Paulo ó ver as prácticas relixiosas falsas dos atenienses? (Ver Feitos 17:16).

  2.   En vez de condenalos, como utilizou Paulo as crenzas dos atenienses para predicarlles con tacto?

Que podes aprender de Paulo?

2. É máis probable que as persoas nos escoiten se escollemos con coidado o que imos dicir, como o imos dicir e cando o imos dicir.

Imita o exemplo de Paulo

3. Escolle con coidado as túas palabras. Por exemplo, se falas cunha persoa que non é cristiá quizais necesites cambiar a túa forma de referirte á Biblia e a Xesús.

4. Non te apures en corrixir a persoa. Deixa que se exprese con liberdade. Se di algo que vai en contra do que ensina a Biblia, resiste o impulso de levarlle a contraria (Sant. 1:19). Se a escoitas con atención, poderás chegar a entender o que pensa e por que pensa así (Pr. 20:5, TNM).

5. Felicita a persoa sempre que sexa posible. Seguramente estea convencida de que as súas crenzas son as correctas. Por iso, primeiro fala de cousas que teñades en común e pouco a pouco axúdalle a entender o que ensina a Biblia.

VER TAMÉN

Pr. 25:15; 2 Tim. 2:23-26, TNM; 1 Pe. 3:15, 16 (3:15, TNM)