CULTIVA O INTERESE
LECCIÓN 7
Persistencia
Principio bíblico: “Non paraban de ensinar e de anuncia-la Boa Nova” (Feit. 5:42).
Que fixo Paulo?
1. Mira o VÍDEO ou le Feitos 19:8-10. Despois pensa nas seguintes preguntas:
Que podes aprender de Paulo?
2. Necesitamos dedicar tempo e esforzo para facer revisitas eficaces e para empezar cursos da Biblia.
Imita o exemplo de Paulo
3. Adapta o teu horario ó da outra persoa. Pregúntate: “Cando é máis probable que poida contactar con ela? Cando e onde é máis probable que queira conversar comigo?”. Esfórzate por cultivar o interese, incluso se non é o mellor momento para ti.
4. Acorda unha cita. Ó final de cada conversa intenta quedar nun día e nunha hora específicos para volver falar coa persoa. Asegúrate de cumprir coa cita.
5. Non perdas a esperanza. Non te apresures a pensar que unha persoa que non adoita estar na casa ou que está moi ocupada non ten interese (1 Cor. 13:4, 7). Equilibra a persistencia con facer bo uso do teu tempo (1 Cor. 9:26).
VER TAMÉN
Feit. 10:42; 1 Cor. 9:22, 23; 2 Cor. 4:1; Gál. 6:9