Ir ó contido

Ir ó índice

CULTIVA O INTERESE

LECCIÓN 9

Empatía

Empatía

Principio bíblico: “Alegrádevos cos que están alegres, chorade cos que choran” (Rm. 12:15).

Que fixo Xesús?

1. Mira o VÍDEO ou le Marcos 6:30-34. Despois pensa nas seguintes preguntas:

  1.    Por que buscaron un lugar para estar sós Xesús e os seus apóstolos?

  2.   Que motivou a Xesús a seguir ensinándolles ás persoas?

Que podes aprender de Xesús?

2. A empatía motívanos a preocuparnos polas persoas, non só a predicarlles.

Imita o exemplo de Xesús

3. Escoita con atención. Deixa que a persoa se exprese con liberdade e non a interrompas. Tampouco menospreces os seus sentimentos, preocupacións ou obxeccións. Se a escoitas con atención demostrarás que che interesa o que pensa.

4. Pensa na persoa. Recorda o que falaches con ela e pregúntate:

  1.    Por que necesita escoitar a verdade?

  2.   Como mellorarían o seu día a día e o seu futuro ó estudar a Biblia?

5. Trata temas que lle interesen á persoa. Tan pronto poidas, demóstralle como un curso da Biblia pode responder as súas preguntas e axudarlle de formas prácticas.

VER TAMÉN

Rm. 10:13, 14; Flp. 2:3, 4; 1 Pe. 3:8