PREGUNTA 1
Como empezou a vida?
Cando eras neno, algunha vez lles preguntaches ós teus pais de onde veñen os bebés? Se o fixeches, que che dixeron? Dependendo da súa personalidade e da túa idade, se cadra fixeron como que non escoitaban, déronche unha resposta rápida para esquivar a pregunta ou contáronche un conto que despois descubriches que non era certo. Obviamente, para que un cativo chegue ben preparado á idade adulta e ó matrimonio, co tempo ten que aprender sobre o impresionante proceso da reprodución sexual.
Igual que a algúns pais lles resulta incómodo explicarlles ós seus fillos de onde veñen os bebés, tamén hai científicos que se resisten a falar dunha cuestión aínda máis importante: de onde veu a vida. A resposta a esta pregunta pode ter un efecto moi grande na nosa forma de ver a vida. Entón, como empezou todo?
Que afirman moitos científicos? Moitos diranche que a vida comezou hai miles de millóns de anos na beira dunha poza de marea ou no fondo do océano. Supoñen que nun ambiente así algúns compostos químicos se uniron por azar para crear estruturas parecidas a burbullas, formaron moléculas complexas e empezaron a reproducirse. Cren que toda forma de vida na Terra se orixinou por casualidade a partir dunha ou máis destas células primitivas “simples”.
Outros científicos evolucionistas recoñecidos non opinan igual. Supoñen que as primeiras células, ou polo menos os seus compoñentes principais, chegaron á Terra procedentes do espazo. Por que? Porque se fixeron moitos esforzos por demostrar que a vida pode xurdir a partir de moléculas inertes e nin sequera os mellores intentos tiveron éxito. O profesor de bioloxía Alexandre Meinesz destacou este problema en 2008, cando dixo que durante os 1
pasados cincuenta anos “ningunha proba empírica sustentou a hipótese da aparición espontánea da vida na Terra a partir dunha sopa molecular, e ningún avance significativo no coñecemento científico apunta nesa dirección”.Que revelan as probas? A resposta á pregunta “De onde veñen os bebés?” é un feito que está ben comprobado e non é un tema polémico. A vida procede sempre de vida preexistente. Agora ben, é posible que nun pasado remoto non se cumprise esta lei fundamental? Puido xurdir espontaneamente a vida a partir de materia inerte? Que probabilidades hai de que pasase algo así?
Para que unha célula sobreviva precísase a intervención conxunta de, como mínimo, tres tipos de moléculas complexas: ADN (ácido desoxirribonucleico), ARN (ácido ribonucleico) e proteínas. Poucos científicos sosterían hoxe que unha célula viva completa se formou de repente e por azar a partir dunha mestura de compostos inanimados. Pero, que probabilidade hai de que o ARN ou as proteínas se formasen desa maneira? a
Un experimento realizado en 1953 dá pé a que moitos científicos crean que a vida se orixinou de xeito espontáneo. Nese experimento, o químico Stanley L. Miller obtivo aminoácidos, que son os bloques básicos das proteínas. Conseguiuno enviando descargas eléctricas a unha mestura de gases que simulaban a atmosfera terrestre primitiva. Posteriormente, tamén se detectaron aminoácidos nun meteorito. Significan estes descubrimentos que tódolos compoñentes básicos da vida se produciron por casualidade?
Robert Shapiro, profesor emérito de química da Universidade de Nova York, di: “Algúns autores imaxinaron que tódolos compoñentes da vida estaban presentes xa nos meteoritos e poderían formarse facilmente mediante experimentos semellantes ó de Miller. Pero ese non é o caso”. b2
Examinemos a molécula de ARN, formada á súa vez por moléculas de menor tamaño chamadas nucleótidos. Un nucleótido é distinto dun aminoácido e un pouco máis complexo. “Nunca se detectou a presenza de ningún nucleótido, nin entre os produtos dos experimentos con descargas eléctricas nin nos estudos de meteoritos”, afirma Shapiro. c3 E engade que a probabilidade de que unha molécula autorreplicante de ARN se formase a partir da unión aleatoria de elementos químicos básicos “é tan pequena que o feito de que ocorra, aínda que só sexa unha vez, en calquera lugar do Universo visible, consideraríase unha especie de milagre”.4
E as moléculas de proteína? Estas resultan da unión de aminoácidos (dende cincuenta ata varios miles) nunha orde moi específica. A proteína funcional media
dunha célula “simple” contén douscentos aminoácidos e, mesmo nesta clase de células, hai miles de tipos diferentes de proteínas. A probabilidade de que unha proteína de só cen aminoácidos se formase algunha vez por azar na Terra sería como dunha entre mil billóns (1015).Se a creación e programación dun robot sen vida precisa dunha mente intelixente, que se necesitaría para crear unha célula viva, e non digamos xa un ser humano?
O teórico evolucionista Hubert P. Yockey vai máis lonxe ó afirmar que “é imposible que a vida se orixinase seguindo o modelo de ‘proteínas primeiro’”.5 As proteínas precisan ARN para a súa síntese, pero a produción de ARN precisa proteínas. Sería practicamente imposible que as moléculas de proteína e ARN aparecesen xuntas nun mesmo tempo e lugar por accidente. Pero aínda supoñendo que iso chegase a pasar, que probabilidade hai de que cooperasen para crear un tipo de vida autosostible e autorreplicante? “A probabilidade de que isto sucedese por azar (dada unha combinación aleatoria de proteínas e ARN) é extremadamente baixa”, admite a doutora Carol Cleland, membro do Instituto de Astrobioloxía da NASA. d E engade: “Con todo, parece que a maioría dos investigadores supoñen que, se conseguen entender a produción independente de proteínas e ARN nas condicións naturais primitivas, o enigma da coordinación resolveríase dalgún modo por si mesmo”. E, falando das teorías actuais sobre a orixe accidental destes bloques fundamentais da vida, a doutora di: “Ningunha ofrece unha historia convincente de como se produciu”.6
Que importancia teñen estes feitos? Todo isto supón un gran reto para os que pensan que a vida xurdiu por azar. Pensa nisto. Os investigadores atoparon nun meteorito aminoácidos que tamén aparecen nas células vivas. Ademais, sintetizaron no laboratorio moléculas máis complexas mediante experimentos pensados e controlados con moito coidado. E, a longo prazo, esperan fabricar tódalas partes necesarias para construír unha célula “simple”. Poderiamos comparar a súa situación á dun enxeñeiro que transforma substancias naturais en aceiro, plástico, silicona e cables. Con eses materiais constrúe un robot e prográmao para que poida copiarse a si mesmo. Que demostraría con iso? Como máximo, que un ser intelixente é capaz de crear unha máquina impresionante.
Pois ben, se un día os científicos construísen unha célula, sería un logro verdadeiramente impresionante. Pero, probarían que a célula apareceu por azar?
En todo caso, probarían o contrario, non cres?Que pensas? Ata agora, tódalas probas científicas indican que a vida só pode vir de vida preexistente. Crer que unha célula viva “simple” xurdiu por casualidade a partir de compostos inanimados é un verdadeiro acto de fe.
Ante a evidencia dos feitos, estás disposto a ter esa fe cega? Antes de que contestes, invitámoste a analizar máis de cerca a estrutura da célula. Isto axudarache a comprobar se as teorías sobre a orixe da vida formuladas por algúns científicos son sólidas ou se son un conto, como os relatos que algúns pais utilizan para explicar a orixe dos bebés.
a A probabilidade de que o ADN se formase por casualidade vaise tratar na sección 3, “De onde viñeron as instrucións?”.
b O profesor Shapiro non cre que a vida fose creada, senón que xurdiu por azar mediante procesos que aínda non se comprenden de todo.
c En 2009, científicos da Universidade de Manchester (Inglaterra) informaron da creación de nucleótidos no laboratorio. A isto Shapiro contesta: “A súa receita definitivamente non satisfai o meu criterio para explicar de xeito plausible a ruta ó mundo do ARN”.
d A doutora Cleland non cre que a vida fose creada, senón que xurdiu por azar mediante procesos que aínda non se comprenden de todo.