PREGUNTA 4
Veñen tódalas formas de vida dun antepasado común?
Darwin pensaba que tódolos organismos vivos compartían un antepasado común e imaxinaba a historia da vida na Terra coma unha árbore moi grande. Co tempo, outros creron que o tronco desa “árbore da vida” se formou coa aparición das primeiras células simples. E pensaron que del saíran novas especies dando lugar a ramas (familias de plantas e animais) e ramiñas (tódalas especies incluídas nas familias actuais). Foi iso o que pasou?
Que afirman moitos científicos? Moitos dan a entender que o rexistro fósil apoia a teoría da orixe común da vida. E afirman que toda forma de vida tivo un antepasado común porque todos utilizan un mesmo tipo de “linguaxe informática”, ou ADN.
Que di a Biblia? O relato da Xénese di que as plantas, as criaturas mariñas, os animais terrestres e as aves foron creados “conforme á súa especie”, é dicir, segundo os seus “xéneros” (Xénese 1:11, 12, 20-25). a Esta descrición deixa unha marxe para que haxa variacións dentro dun mesmo “xénero”. Pero tamén implica a existencia de barreiras que separan un xénero doutro e que non se poden traspasar. O relato da creación tamén implicaría que no rexistro fósil aparecesen de repente os novos tipos de criaturas xa completamente formados.
Que revelan as probas? Apoian as probas a descrición bíblica dos feitos, ou danlle a razón a Darwin? Que demostraron os descubrimentos dos pasados cento cincuenta anos?
BÓTASE ABAIXO A ÁRBORE DE DARWIN
Nos últimos anos, os científicos conseguiron comparar o código xenético de decenas de organismos unicelulares, plantas e animais. Supoñían que eses estudos confirmarían a “árbore da vida” chea de ramas proposta por Darwin. Pero iso non foi o que pasou.
Que revelou a investigación? O biólogo Malcolm S. Gordon escribiu en 1999: “Ó parecer, a vida tivo múltiples orixes. A base da árbore da vida universal non consistiu nunha única raíz”. Entón, b29
hai probas de que as principais ramas de vida estean conectadas a un só tronco como pensaba Darwin? Gordon segue dicindo: “A versión tradicional da teoría do antepasado común non parece ser aplicable ós reinos tal e como se coñecen hoxe. É probable que tampouco sexa aplicable a moitos, ou a ningún, dos filos, e posiblemente tampouco a moitas das clases dentro dos filos”.Estudos recentes seguen demostrando que non hai probas que apoien a teoría de Darwin dun antepasado común. A revista New Scientist publicou en 2009 un artigo no que citou as palabras do científico Eric Bapteste: “Non temos ningunha proba de que a árbore da vida sexa unha realidade”.30 O mesmo artigo recolle este comentario do biólogo Michael Rose: “A árbore da vida está sendo enterrada con discreción, iso sabémolo todos. Máis difícil de aceptar é o feito de que a nosa visión fundamental da bioloxía ten que cambiar por completo”. c31
QUE DI O REXISTRO FÓSIL?
Moitos científicos utilizan o rexistro fósil para defender a idea de que a vida xurdiu dun antepasado común. Por exemplo, argumentan que ese rexistro apoia a idea de que os peixes se transformaron en anfibios e os réptiles en mamíferos. Pero é iso certo?
O paleontólogo evolucionista David M. Raup observa: “En lugar de encontrarse co desenvolvemento gradual da vida, o que realmente encontraron os xeólogos contemporáneos de Darwin —e seguen encontrando os xeólogos actuais— é un rexistro bastante irregular. As especies aparecen na secuencia moi bruscamente, mostran pouco ou ningún cambio durante a súa existencia no rexistro e de repente desaparecen del”.32
A verdade é que a inmensa maioría dos fósiles demostran estabilidade nos tipos de criaturas durante longos períodos de tempo. Non indican que un tipo evolucionou para chegar a ser outro. As estruturas corporais distintivas aparecen de repente, e tamén as características novas. Por exemplo, o morcego, cos seus sistemas de sonar e ecolocalización, aparece sen ningún nexo evidente cun antepasado máis primitivo.
De feito, máis da metade das principais divisións da vida animal xurdiron nun período de tempo relativamente curto. No rexistro fósil aparecen de repente moitas formas de vida novas e distintas. Por iso os paleontólogos lle chaman a este período “a explosión cámbrica”. Cando tivo lugar o período cámbrico?
Supoñendo que os cálculos dos investigadores sexan correctos, podemos representar a historia da Terra cunha liña do tempo que teña unha lonxitude dun campo de fútbol duns 100 metros (1). A esta escala, terías que camiñar case 90 metros ata chegar ó que os paleontólogos chaman o período cámbrico (2). As principais divisións da vida animal aparecen no rexistro fósil durante unha parte moi pequena deste período. Con canta rapidez? Se segues camiñando, todas estas diferentes
criaturas aparecen en menos espazo do que percorres nun paso.A aparición tan rápida destas diversas formas de vida fixo que algúns investigadores se cuestionasen a versión tradicional da teoría de Darwin. Por exemplo, o biólogo Stuart Newman expuxo nunha entrevista en 2008 a necesidade dunha nova teoría evolutiva que explique a repentina aparición de novas formas de vida. Dixo: “Penso que o mecanismo darwinista utilizado para explicar todo cambio evolutivo quedará relegado e pasará a ser un máis entre moitos, quizais nin sequera o máis importante, para comprender a macroevolución, a evolución das principais transicións nos tipos corporais”.33
PROBLEMAS COA “PROBA”
Que pasa cos fósiles utilizados para representar a transformación de peixes en anfibios e de réptiles en mamíferos? Son unha proba sólida do proceso da evolución? Cando investigamos un pouco máis, aparecen varios problemas.
Para empezar, cando se representa nos libros de texto a secuencia de réptiles a mamíferos, ás veces utilízase un tamaño comparativo que dá lugar a engano. En vez de ser dun tamaño similar, como se representan, a realidade é que unhas criaturas son enormes e outras moi pequenas.
Outro problema moito máis serio é a falta de probas de que estas criaturas estean emparentadas dalgunha maneira. Calcúlase que normalmente hai millóns de anos de separación entre unhas e outras. O zoólogo Henry Gee di sobre o asunto: “Os intervalos de tempo que hai entre os fósiles son tan enormes que non podemos dicir nada definitivo sobre a súa posible conexión por ascendencia ou descendencia”. d34
Falando dos fósiles de peixes e anfibios, o biólogo Malcolm S. Gordon sinala que son só unha pequena “mostra, posiblemente moi pouco representativa, da biodiversidade que existía neses grupos en épocas pasadas”. E engade: “Non temos forma de saber ata que punto aqueles organismos específicos tiveron importancia en sucesos posteriores ou que relación de parentesco os unía”.QUE MOSTRA A “PELÍCULA”?
Un artigo da revista National Geographic publicado en 2004 comparou o rexistro fósil a “unha película sobre a evolución da cal se perderon 999 de cada 1000 fotogramas no cuarto de edición”.36 Imos analizar o que implica este exemplo.
Imaxina que atopas 100 fotogramas dunha película que orixinalmente tiña 100.000. Como poderías saber cal é o argumento da película? Poida que teñas unha idea preconcibida. Pero que pasaría se só houbese cinco fotogramas que puideses ordenar de tal maneira que apoiasen a túa idea e que os outros 95 contasen unha historia totalmente diferente? Sería lóxico insistir en que a túa idea é a correcta baseándote só neses cinco fotogramas? Podería ser que a orde na que os puxeches sexa a que se adapta á túa teoría? Non sería mellor que tiveses tamén en conta os outros 95 fotogramas?
Que ten que ver este exemplo coa maneira na que os evolucionistas ven o rexistro fósil? Durante anos, os investigadores non admitiron que a inmensa maioría dos fósiles (os 95 fotogramas da película) mostraban que as especies permanecen case invariables ó longo do tempo. Por que ese silencio sobre algo tan importante? O escritor Richard Morris di: “Polo visto, os paleontólogos adoptaran a idea tradicional do cambio evolutivo gradual e aferráranse a ela, a pesar de atopar probas que 37
demostraban o contrario. Levaban tempo tratando de interpretar a evidencia fósil baseándose nas ideas aceptadas da evolución”.“Coller unha serie de fósiles e asegurar que representan unha liñaxe non é unha hipótese científica que se poida confirmar, senón unha afirmación que ten a mesma validez que un conto: é entretido, quizais instrutivo, pero non científico” (In Search of Deep Time— Beyond the Fossil Record to a New History of Life, por Henry Gee, páxinas 116 e 117).
E que pasa hoxe? Por que os evolucionistas seguen ordenando os fósiles de certa maneira? Será porque cadra coas ideas actuais sobre a evolución e non porque estea apoiada pola maioría das probas fósiles e xenéticas? f
Que pensas? Que conclusión cadra mellor coas probas? Imos repasar os feitos que analizamos ata agora.
-
A primeira forma de vida na Terra non tiña nada de “simple”.
-
As probabilidades de que os compoñentes da célula aparecesen por azar son ínfimas.
-
O ADN, o “programa informático” que fai funcionar a célula, é incriblemente complexo e demostra unha xenialidade que supera por moito calquera programa ou sistema de almacenamento de datos inventado polo home.
-
A investigación xenética indica que a vida non veu dun antepasado común. Ademais, os principais grupos de animais aparecen de repente no rexistro fósil.
Tendo en conta estes feitos, non cres que é razoable chegar á conclusión de que as probas están de acordo coa explicación bíblica sobre a orixe da vida? Pero hai quen afirma que a ciencia contradí gran parte do que a Biblia ensina sobre a creación. É certo iso? Que di exactamente a Biblia?
a No idioma orixinal, o termo bíblico que se traduce como “especie” ten un significado máis amplo. Por iso, non debe confundirse co que a ciencia considera na actualidade unha especie.
b O termo filo, utilizado en bioloxía, refírese a un gran grupo de animais que comparten o mesmo plan corporal distintivo. Un sistema de clasificación dos seres vivos utilizado nas ciencias consta de sete categorías. Cada unha é máis específica que a anterior. A primeira e máis xeral é o reino, seguida do filo, a clase, a orde, a familia, o xénero e a especie. Por exemplo, o cabalo pertence ó reino animal, filo cordados, clase mamíferos, orde perisodáctilos, familia équidos, xénero Equus, especie caballus.
c Hai que aclarar que o artigo de New Scientist e as declaracións de Bapteste e Rose non tiñan a intención de suxerir que a teoría da evolución está equivocada. Máis ben, sinalan que a árbore da vida proposta por Darwin, un fundamento da súa teoría, non conta co apoio das probas. Estes científicos seguen buscando unha explicación que encaixe coa teoría da evolución.
d Henry Gee non cuestiona a teoría da evolución, simplemente comenta as limitacións do coñecemento que presenta o rexistro fósil.
e Malcolm S. Gordon apoia a teoría da evolución.
f Mira o recadro “ Está comprobada a evolución humana?”.