Ir ó contido

Ir ó índice

PREGUNTA 4

Como podo arranxar os meus erros?

Como podo arranxar os meus erros?

POR QUE É IMPORTANTE

Admitir os teus erros fará de ti unha persoa máis responsable e digna de confianza.

TI QUE FARÍAS?

Imaxina a seguinte situación. Mentres está a xogar cos amigos, Iván pégalle unha patada ó balón e rómpelle o parabrisas do coche ó veciño.

Se foses Iván, ti que farías?

PÁRATE A PENSAR

TES TRES OPCIÓNS:

  1. Botar a correr.

  2. Botarlle a culpa a outro.

  3. Contarlle o que pasou ó veciño e ofrecerte a pagar a reparación.

Poida que, por un momento, penses en escoller a opción A. Pero sempre hai boas razóns para recoñecer os teus erros, mesmo se hai cristais rotos de por medio ou calquera outra cousa.

TRES BOAS RAZÓNS PARA ADMITIR OS TEUS ERROS

  1. É o correcto.

    A Biblia di: “Queremos portarnos decentemente en todo” (Hebreos 13:18).

  2. Será máis fácil que os demais nos perdoen.

    A Biblia di: “Quen esconde as súas faltas, non prosperará; quen as confesa e corrixe, encontrará piedade” (Proverbios 28:13).

  3. O máis importante: é o que Deus quere que fagamos.

    A Biblia di: “O Señor aborrece ó perverso, e reserva a súa intimidade para os honrados” (Proverbios 3:32).

Karina ten 20 anos. Non lle contou a seu pai que lle puxeron unha multa por exceso de velocidade. Pero non puido ocultalo por moito tempo. “Como un ano despois, meu pai viu que había unha multa ó meu nome. Armouse boa!”, di ela.

Que aprendeu Karina? Ela explica: “Tapar os erros só empeora a situación. Ó final sempre vas ter que pagar as consecuencias”.

COMO APRENDER DOS TEUS ERROS

A Biblia di que todos nos equivocamos moitas veces (Santiago 3:2). E xa vimos que admitir os nosos erros tan pronto como os cometemos é unha mostra de madurez e humildade.

O seguinte paso é aprender dos teus erros. Unha rapaza chamada Vera di: “Intento ver cada equivocación como unha oportunidade para aprender, como unha experiencia que me axudará a ser mellor persoa. Así cando me volva pasar algo parecido, manexarei a situación doutra maneira”. Vexamos como podes facer ti o mesmo.

O teu pai déixache a súa bici e rómpeslla. Que fas?

  • Non digo nada, e a ver se non se dá conta.

  • Cóntolle todo o que pasou.

  • Cóntolle todo o que pasou, pero bótolle a culpa a outro.

Suspendes un exame porque non estudaches. Que fas?

  • Digo que o exame era moi difícil.

  • Recoñezo que suspendín porque non estudei.

  • Digo que o mestre me ten manía.

Seguir pensando nos erros do pasado é coma conducir sen quitar a vista do espello retrovisor.

Pensa nas dúas situacións anteriores, pero agora imaxina que es 1) o teu pai e 2) o teu mestre. Que pensarían de ti se recoñeceses a túa equivocación ó momento? E que pensarían se intentases tapala?

Agora pensa nalgún erro que cometiches no último ano e responde ás seguintes preguntas.

Cal foi e como reaccionaches?

  • Intentei ocultalo.

  • Boteille a culpa a outro.

  • Conteino enseguida.

Se non o recoñeciches, como te sentiches despois?

  • Moi ben, porque ninguén o soubo.

  • Culpable, porque non contei a verdade.

Habería algunha forma de manexar mellor a situación?

Que aprendiches dese erro?

QUE OPINAS?

Por que ás veces costa tanto recoñecer os erros?

Que pensarán os demais de ti se sempre intentas ocultalos? E que pensarán se os recoñeces? (Lucas 16:10).