Índice de imaxes
Ordenadas por número de páxina
Cuberta Paulo, Tabita, Galión, Lucas, un oficial do templo cos apóstolos, un saduceo, Paulo escoltado a Cesarea e testemuñas de tempos modernos predicando cun coche con altofalantes e un gramófono.
Páxina 1 Paulo encadeado, a bordo dun barco cargueiro camiño de Roma xunto con Lucas.
Páxinas 2, 3 Os irmáns John Barr e Theodore Jaracz, do Consello Reitor, diante dun mapa do mundo.
Páxina 11 Xesús dálles instrucións ós once apóstolos fieis e a outros discípulos nunha montaña de Galilea.
Páxina 14 Xesús ascende ó ceo mentres os apóstolos miran asombrados para el.
Páxina 20 Os discípulos fálanlles ós visitantes nos seus propios idiomas durante a festa do Pentecostés.
Páxina 36 Os apóstolos de pé diante de Caifás, que está moi enfadado. Os oficiais do templo están a disposición do Sanedrín para facer detencións.
Páxina 44 Abaixo: Despois da II Guerra Mundial, un tribunal da Alemaña do Leste condenou inxustamente algunhas testemuñas dicindo que eran espías americanos (Neue Berliner Illustrierte, 3 de outubro de 1950).
Páxina 46 Esteban de pé diante do Sanedrín. No fondo da imaxe están os ricos saduceos e en primeiro plano os fariseos ultraortodoxos.
Páxina 54 Pedro imponlle as mans a un novo discípulo. Detrás está Simón mirando cunha bolsiña de cartos na man.
Páxina 75 Pedro e os seus compañeiros de viaxe entran na casa de Cornelio. Cornelio leva unha capa especial no seu ombro esquerdo que indica que é un centurión.
Páxina 83 Un anxo guía a Pedro para sacalo da prisión, probablemente na Fortaleza Antonia.
Páxina 84 Abaixo: Unha turba violenta cerca de Montreal (Quebec) en 1945 (Weekend Magazine, xullo de 1956).
Páxina 91 Paulo e Bernabé son expulsados de Antioquía de Pisidia. No fondo vese o novo acueduto da cidade que probablemente foi construído a principios do século primeiro.
Páxina 94 Paulo e Bernabé rechazan a adulación que lles dan en Listra. Os sacrificios públicos adoitaban ser ocasións cheas de color, música e ruído.
Páxina 100 Arriba: Silas e Xudas animan a congregación de Antioquía de Siria (Feitos 15:30-32). Abaixo: Un superintendente de circuíto fala nunha reunión de congregación en Uganda.
Páxina 107 A congregación de Xerusalén reunida nun fogar.
Páxina 124 Paulo e Timoteo viaxan a Roma nun barco mercante. Ó fondo vese un faro.
Páxina 139 Paulo e Silas nun patio pechado, escapando dunha turba furiosa.
Páxina 155 Galión reprende os acusadores de Paulo. Viste roupa propia do seu rango: unha toga imperial branca cunha franxa púrpura e un tipo de calzado chamado calcei.
Páxina 158 Demetrio fálalles ós traballadores dunha pratería en Éfeso. Os pequenos templos de Artemisa véndense como recordo.
Páxina 171 Paulo e os seus compañeiros suben a un barco. No fondo vese o gran monumento do porto de Mileto, construído no século primeiro antes da nosa era.
Páxina 180 Abaixo: Un rapaz testemuña leva clandestinamente publicacións bíblicas no Canadá, a pesar da prohibición que había nese país nos anos corenta (recreación).
Páxina 182 Paulo accede á petición dos anciáns. Lucas e Timoteo están sentados en segundo plano axudando coa entrega das contribucións.
Páxina 190 O sobriño de Paulo fala con Claudio Lisias na Fortaleza Antonia, que é onde posiblemente estaba preso Paulo. Ó fondo vese o templo de Herodes.
Páxina 206 Paulo ora polos seus cansados compañeiros de viaxe na bodega dun barco cargueiro.
Páxina 222 O apóstolo Paulo mira a cidade de Roma mentres está encadeado a un soldado romano.
PERFIL DOS PERSONAXES
Saduceos e fariseos
Félix
Porcio Festo
Herodes Agripa II