CAPÍTULO 3
“Todos se encheron de espírito santo”
Os efectos do derramamento do espírito santo no Pentecostés.
Baseado en Feitos 2:1-47
1. Como era o ambiente en Xerusalén durante a Festa de Pentecostés?
NAS rúas de Xerusalén hai moita alegría. a O fume ascende dende o altar do templo mentres os levitas cantan o Hallel (canción que se corresponde cos Salmos 113 a 118). Pode que uns canten unha parte e outros lles respondan, o que se coñece como antífona. As rúas están cheas de visitantes que veñen de moitos lugares como Elam, Mesopotamia, Capadocia, Ponto, Exipto e Roma. b Por que están en Xerusalén? Para a Festa de Pentecostés, tamén chamada “día das Primicias” (Núm. 28:26). Esta festa anual celébrase entre a colleita da cebada e a do trigo. É un día moi alegre.
2. Que sorprendentes acontecementos tiveron lugar no Pentecostés do ano 33?
2 Sobre as nove dunha agradable mañá da primavera do ano 33, sucede algo que se recordaría ata a actualidade. De repente escóitase “un ruído que viña do ceo, como o dun vento moi forte” ou “forte golpe de vento” (Feit. 2:2). Este forte son enche a casa na que están reunidos uns 120 discípulos de Xesús. Algo asombroso está a punto de pasar. Algo parecido a pequenas chamas de lume colócanse sobre cada un dos discípulos. c Entón todos se enchen de espírito santo e empezan a falar en diferentes idiomas. Cando os discípulos saen da casa e os visitantes os escoitan sorpréndense moito “porque cada persoa escoitaba falar os discípulos no seu propio idioma” (Feit. 2:1-6).
3. a) Por que foi o Pentecostés do ano 33 un momento histórico para os cristiáns? b) Como se relaciona o discurso de Pedro coas “chaves do Reino”?
3 Este emocionante relato describe un momento histórico porque marcou o inicio do Israel espiritual, a congregación de cristiáns unxidos (Gál. 6:16). Pero aínda hai máis. Cando Pedro lle falou á multitude aquel día usou unha das tres “chaves do Reino”. Cada unha destas chaves permitiría a un grupo diferente de persoas recibir privilexios especiais (Mat. 16:18, 19). A primeira chave faría posible que os xudeus e os prosélitos aceptasen as boas noticias e fosen unxidos polo espírito santo. d Deste modo formarían parte do Israel espiritual e terían a esperanza de gobernar como reis e sacerdotes do Reino mesiánico (Apoc. 5:9, 10). Co tempo os samaritanos e persoas doutras nacións tamén desfrutaron deste privilexio. Que podemos aprender os cristiáns da actualidade dos emocionantes acontecementos que tiveron lugar no Pentecostés do ano 33?
“Xuntáronse todos no mesmo sitio” (Feitos 2:1-4)
4. En que sentido podemos dicir que a congregación actual é unha continuación da que se formou no ano 33?
4 A congregación cristiá comezou cando uns 120 discípulos se xuntaron nun cuarto superior e foron unxidos por espírito santo (Feit. 2:1). Ó final daquel día bautizáronse miles de persoas. E iso foi só o principio, o pobo de Deus segue crecendo! Nas congregacións actuais hai homes e mulleres fieis que o serven e predican “as boas noticias do Reino [...] por toda a terra habitada” antes de que este sistema chegue ó seu fin (Mat. 24:14).
5. De que poden desfrutar os que forman parte da congregación cristiá, tanto no primeiro século como na actualidade?
5 Outro obxectivo da congregación cristiá era axudar e animar os que formaban parte dela, primeiro ós unxidos e máis tarde ás “outras ovellas” (Xoán 10:16). Na carta que lles escribiu ós cristiáns de Roma, Paulo demostrou canto valoraba o ánimo que se daban os irmáns uns ós outros. Díxolles: “Teño moita gana de vos ver, para repartir convosco algún don espiritual que vos enforteza; é dicir, para nos animar mutuamente coa fe duns e doutros: a vosa e maila miña” (Rom. 1:11, 12).
6, 7. Como está cumprindo a congregación cristiá coa responsabilidade de predicar a tódalas nacións?
6 Hoxe en día, a congregación cristiá ten os mesmos obxectivos que no primeiro século. Xesús encargoulles ós seus discípulos unha tarefa moi difícil pero tamén moi emocionante. Díxolles: “Facede discípulos de xente de tódalas nacións. Bautizádeos no nome do Pai, do Fillo e do espírito santo. Ensinádelles a obedecer todo o que eu vos mandei” (Mat. 28:19, 20).
7 Na actualidade Xehová está usando a congregación das Testemuñas de Xehová para levar a cabo esta tarefa. Claro, pode ser difícil predicarlles a persoas de diferentes linguas. Aínda así, as Testemuñas de Xehová publican información baseada na Biblia en máis de 1000 idiomas. Se asistes regularmente ás reunións e participas na obra de facer discípulos, podes estar moi feliz: es unha das poucas persoas que teñen o privilexio de dar testemuño completo do nome de Xehová!
8. Como nos beneficia formar parte da congregación cristiá?
8 Para axudarche a aguantar con alegría durante estes tempos difíciles, Xehová deuche unha irmandade mundial. Paulo escribiulles ós cristiáns hebreos: “Considerémonos uns ós outros de xeito que nos sirvamos de estímulo para o amor e para as boas obras. E non faltedes endexamais á nosa reunión, como fan algúns, senón que nos animemos uns ós outros e tanto máis canto que ollades que está a chegar aquel día” (Heb. 10:24, 25). A congregación cristiá é un regalo de Xehová grazas ó cal podes dar e recibir ánimo. Por iso, mantente cerca dos teus irmáns e nunca deixes de asistir ás reunións.
Feitos 2:5-13)
“Cada persoa escoitaba falar [...] no seu propio idioma” (9, 10. Que esforzos fan algúns irmáns para predicarlles a persoas que falan outros idiomas?
9 Imaxina a emoción que deberon sentir os xudeus e os prosélitos no Pentecostés do ano 33. A maioría das persoas que estaban alí probablemente falasen a lingua máis común, quizais o grego ou o hebreo. Pero agora “cada persoa escoitaba falar os discípulos no seu propio idioma” (Feit. 2:6). Sen dúbida, escoitar as boas noticias na súa lingua materna debeulles tocar o corazón. Está claro que os cristiáns da actualidade non temos o poder milagroso de falar en diferentes linguas. Pero moitos irmáns esfórzanse por aprender outros idiomas e ofrécense para predicar a mensaxe do Reino a persoas de tódalas nacións. Algúns destes irmáns serven nunha congregación de fala estranxeira na zona onde viven e outros incluso se mudaron para servir noutro país. A miúdo, as persoas ás que predican quedan moi sorprendidas ó ver canto se esforzan por aprender a súa lingua.
10 Pensa no exemplo de Christine, quen fixo un curso de gujarati con outros sete irmáns. Cando se encontrou cunha compañeira de traballo que falaba esta lingua, saudouna no seu idioma nativo. A rapaza quedou moi impresionada e quixo saber por que Christine estaba facendo tantos esforzos por aprender unha lingua tan difícil. Díxolle: “Está claro que debes ter algo moi importante que dicir”.
11. Como podemos prepararnos para predicar a mensaxe do Reino a persoas que falan outras linguas?
11 Claro, non todos podemos aprender outro idioma. Aínda así podes estar preparado para predicar a mensaxe do Reino a persoas que falan outras linguas. Como? Unha maneira é usando a aplicación JW Language® para aprender un saúdo nun idioma que sexa habitual na túa zona. Tamén podes aprender algunhas frases que poden despertar o interese das persoas que falan esa lingua. Podes dirixilos á páxina web jw.org e quizais mostrarlles a variedade de vídeos e publicacións dispoñibles no seu idioma. Aproveitemos estas ferramentas na predicación. Así poderemos experimentar a mesma alegría que tiveron os irmáns no primeiro século ó predicarlles a persoas estranxeiras e ver como se sorprenderon cando escoitaron as boas noticias “no seu propio idioma”.
“Pedro púxose de pé” (Feitos 2:14-37)
12. a) Como profetizou Xoel o milagre que tivo lugar no Pentecostés do ano 33? b) Por que esperaban os cristiáns do primeiro século que esa profecía se cumprise no seu tempo?
12 “Pedro púxose de pé” para falarlle a unha multitude internacional (Feit. 2:14). Explicoulles que Deus lles dera ós discípulos a milagrosa capacidade de falar en linguas e isto cumpría a profecía de Xoel que dicía: “Verterei o meu Espírito sobre toda carne” (Xoel 3:1 [2:28, TNM]). Antes de subir ó ceo, Xesús díxolles ós seus discípulos: “Eu rogareille ó Pai e el daravos outro axudante”, o que Xesús identificou como “o espírito” (Xoán 14:16, 17, TNM).
13, 14. Como se esforzou Pedro por chegarlles ó corazón ás persoas, e como podemos imitar o seu exemplo?
13 Pedro foi moi directo ó concluír o seu discurso. Dixo: “Que toda a casa de Israel saiba sen ningunha dúbida que Deus fixo a Xesús Señor e Cristo, a quen vós executastes nun madeiro” (Feit. 2:36). É verdade que a maioría dos que escoitaban a Pedro nese momento non estaban presentes cando se executou a Xesús nun madeiro de tortura. Pero, como eran parte da nación, tamén eran responsables de matalo. Fíxate en que Pedro lles falou con respecto e coa intención de chegarlles ó corazón. O seu obxectivo non era condenalos senón motivalos a arrepentirse. Ofendéronse polo que lles dixo? De ningunha maneira. Máis ben “sentiron unha dor que lles atravesaba o corazón” e preguntáronlle: “Que debemos facer?”. A maneira na que lles falou seguramente lle axudou a chegarlles ó corazón e fixo que moitos se arrepentisen (Feit. 2:37).
14 Podemos aprender moito da forma na que Pedro lles chegou ó corazón a aquelas persoas. Cando predicamos, non necesitamos corrixir cada idea equivocada que ten a xente. Máis ben falamos das cousas que temos en común para despois poder axudarlles a entender o que di a Biblia. Se lles ensinamos as verdades da Biblia de forma positiva é máis probable que as persoas de bo corazón estean dispostas a escoitar.
“Que cada un de vós se bautice” (Feitos 2:38-47)
15. a) Que lles animou a facer Pedro ós xudeus e ós prosélitos, e como responderon eles? b) Por que puideron bautizarse miles de persoas o mesmo día que escoitaron as boas noticias?
15 Neste día tan emocionante do Pentecostés do ano 33, Pedro díxolles ós xudeus e ós prosélitos: “Arrepentídevos e que cada un de vós se bautice” (Feit. 2:38). Como resultado bautizáronse unhas 3000 persoas, probablemente nos estanques de Xerusalén ou dos seus arredores. e Fixérono por impulso? Quere dicir isto que os estudantes da Biblia e os fillos de pais cristiáns deberían bautizarse o antes posible, incluso antes de estar preparados? De ningunha maneira. Recordemos que os xudeus e os prosélitos que se bautizaron no Pentecostés xa eran estudantes das Escrituras e pertencían a unha nación dedicada a Xehová. Ademais, xa demostraran ser fieis, pois algúns deles viaxaran dende moi lonxe para estar nesta festa anual. Despois de aceptar o importante papel de Xesucristo no cumprimento do propósito de Deus, estaban preparados para seguir servindo a Xehová, pero agora como discípulos bautizados de Cristo.
16. Como demostraron espírito de sacrificio os cristiáns do primeiro século?
16 Está claro que este grupo contaba coa bendición de Xehová, pois o relato di o seguinte: “Os que se facían crentes estaban xuntos e compartían todo o que tiñan. Vendían as súas terras e os seus bens, e os cartos que conseguían repartíanos entre todos segundo o que necesitaba cada un” (Feit. 2:44, 45). f Seguro que tódolos cristiáns verdadeiros queremos demostrar ese mesmo amor e espírito de sacrificio.
17. Que pasos ten que dar unha persoa antes de poder bautizarse?
17 A Biblia mostra que antes de dedicarse a Xehová e bautizarse hai que dar unha serie de pasos. É necesario ter coñecemento da Palabra de Deus (Xoán 17:3). Tamén hai que ter fe e arrepentirse dos erros do pasado, demostrando verdadeiro pesar (Feit. 3:19). Despois é necesario converterse, ou dar media volta, e empezar a facer as cousas que Deus quere (Rom. 12:2; Ef. 4:23, 24). Despois de dar estes pasos unha persoa xa pode dedicarse a Deus nunha oración e bautizarse (Mat. 16:24; 1 Ped. 3:21).
18. Que privilexio teñen os discípulos de Cristo?
18 Es ti un discípulo de Xesucristo dedicado e bautizado? Se é así, tes un privilexio moi especial! Igual que se encheu de espírito santo os discípulos do primeiro século, Xehová pode darche o poder que necesitas para dar testemuño completo e facer a súa vontade.
a Mira o recadro “ Xerusalén, o centro do xudaísmo”.
b Mira os recadros “ Roma, capital dun imperio”, “ Xudeus en Mesopotamia e Exipto” e “ O cristianismo no Ponto”.
c A expresión “algo parecido” parece indicar que non eran chamas de lume literais. Máis ben eran unha proba visual de que o espírito santo se derramou sobre cada un dos discípulos presentes.
d Mira o recadro “ Quen eran os prosélitos?”.
e Este non foi o bautismo máis grande do que hai rexistro. No Congreso Internacional das Testemuñas de Xehová que se celebrou en Kiev, Ucraína, o 7 de agosto de 1993 bautizáronse 7402 persoas en seis piscinas. Todo o proceso levou 2 horas e 15 minutos.
f Esta axuda material permitía que os visitantes que viñan de lonxe quedasen en Xerusalén máis tempo para recibir máis instrución espiritual. Aqueles cristiáns compartían as súas cousas porque querían e non porque se lles obrigase. Así que esta non era unha forma de comunismo como algúns afirman (Feit. 5:1-4).