Adoración
Quen é o único a quen deberiamos adorar?
Éx 34:14; Dt 5:8-10; Is 42:8
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Mt 4:8-10. Satanás ofreceulle a Xesús tódolos reinos do mundo a cambio de que o adorase unha vez. Xesús rechazou a oferta porque estaba decidido a adorar só a Xehová.
-
Ap 19:9, 10. Un poderoso anxo non aceptou que o apóstolo Xoán o adorase.
-
Como quere Xehová que o adoremos?
Xn 4:24; Snt 1:26, 27
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Is 1:10-17. Xehová non acepta nin aproba a adoración dos hipócritas que non queren obedecelo.
-
Mt 15:1-11. Xesús ensinou que a Xehová non lle gusta que o adoren de xeito formalista, poñendo as tradicións humanas por enriba das súas leis.
-
Se é posible, con quen deberiamos adorar a Xehová?
Heb 10:24, 25
Ver tamén Sl 133:1-3.
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Fei 2:40-42. No primeiro século os cristiáns reuníanse para orar, pasar tempo xuntos e estudar as ensinanzas inspiradas polo espírito santo.
-
1Co 14:26-40. O apóstolo Paulo dixo que as reunións de congregación deben ser animadoras e estar ben organizadas para que tódolos presentes poidan aprender e entender o que se ensina.
-
Que deberiamos facer para estar seguros de que adoramos a Xehová como a el lle gusta?
Mt 7:21-24; 1Xn 2:17; 5:3
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Heb 11:6. O apóstolo Paulo explicou que é imprescindible ter fe se queremos adorar a Xehová como el nos pide.
-
Snt 2:14-17, 24-26. Santiago, o medio irmán de Xesús, explicou que a nosa fe ten que ir acompañada de obras. A nosa fe móvenos a actuar.
-