Aguante
Necesitamos aguante os servos de Xehová?
1Co 13:4, 7; 1Ti 6:11; 2Pe 1:5, 6
Por que sabemos que algunhas persoas serán indiferentes cando lles prediquemos ou que incluso nos perseguirán por facelo?
Mt 10:22; Xn 15:18, 19; 2Co 6:4, 5
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
2Pe 2:5; Xén 7:23; Mt 24:37-39. A maioría das persoas non fixeron caso cando Noé lles predicou e só el e a súa familia sobreviviron ó Diluvio.
-
2Ti 3:10-14. Para animar a Timoteo a aguantar, o apóstolo Paulo púxose a si mesmo como exemplo de aguante.
-
Por que podemos esperar oposición incluso dos nosos familiares?
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Xén 4:3-11; 1Xn 3:11, 12. Caín demostrou ser malo cando matou a seu irmán. Abel, en cambio, foi un home xusto.
-
Xén 37:5-8, 18-28. Os irmáns de Xosé atacárono e vendérono como escravo cando lles contou un soño que viña de Xehová.
-
Por que non hai razón para ter medo cando nos perseguen?
Mt 10:28; 2Ti 4:6, 7
Ver tamén Ap 2:10.
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Dn 3:1-6, 13-18. Xadrac, Mixac e Abednegó negáronse a adorar unha imaxe, aínda que o rei ameazou con matalos.
-
Fei 5:27-29, 33, 40-42. Aínda que os ameazaron de morte, os apóstolos demostraron aguante e seguiron predicando.
-
Que nos axudará a seguir sendo fieis a Xehová, incluso cando se nos disciplina?
Pr 3:11, 12; Heb 12:5-7
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Núm 20:9-12; Dt 3:23-28; 31:7, 8. Moisés decepcionouse despois de que Xehová o disciplinase, pero continuou servíndoo fielmente ata ó final.
-
2Re 20:12-18; 2Cr 32:24-26. Cando o rei Ezequías pecou e recibiu disciplina, aceptouna con humildade e seguiu servindo a Xehová con aguante.
-
Por que podería poñerse a proba o noso aguante cando outras persoas deixan de servir a Xehová?
Xer 1:16-19; Hab 1:2-4
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Sl 73:2-24. Ó ver que as persoas malas vivían ben e tranquilas, o salmista preguntouse se valía a pena esforzarse tanto por servir a Xehová.
-
Xn 6:60-62, 66-68. Aínda que moitos deixaron de seguir a Xesús, o apóstolo Pedro estaba decidido a continuar aguantando con fe.
-
Que nos axudará a aguantar?
Manternos cerca de Xehová
Dt 30:19, 20; Rm 15:5, 6; 1Co 10:13
Estudar a Biblia e meditar nela
Ecl 7:12; Rm 15:4; Col 1:10, 11; 2Pe 3:15-18
Orar a Xehová con frecuencia e de corazón
Rm 12:12; Col 4:2; 1Pe 4:7
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Dn 6:4-11. O profeta Daniel seguiu orando a Xehová abertamente e con frecuencia aínda que a súa vida corría perigo.
-
Mt 26:36-46; Heb 5:7. A última noite que pasou na Terra, Xesús orou intensamente e pediulles ós demais que fixesen o mesmo.
-
Reunirnos cos nosos irmáns para adorar a Xehová
Rm 1:11, 12; Heb 10:23-25
Centrarnos na esperanza que nos dá Xehová
Rm 8:25; 1Te 1:3; Heb 11:6; 12:1, 2
Fortalecer o noso amor por Xehová, polos irmáns e pola xustiza
Mt 6:33; 1Co 13:4-7; 1Te 3:12, 13; 1Xn 4:18, 19
Fortalecer a nosa fe
Ef 6:16; 1Xn 5:4; Xud 20, 21
Ter a actitude correcta cara ó sufrimento
Fei 5:40, 41; Snt 1:2-4; 1Pe 3:14; 4:14, 16
Cales son algúns beneficios de aguantar fielmente?
Honramos a Xehová
Pr 27:11; Xn 15:7, 8; 1Pe 1:6, 7
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Xob 1:6-12; 2:3-5. Satanás usou a integridade de Xob para acusar a Xehová. Para demostrar que esa acusación era falsa, Xob tiña que aguantar fielmente.
-
Rm 5:19; 1Pe 1:20, 21. Ó manterse fiel ata o final, Xesús resolveu unha importante cuestión e demostrou que un home perfecto pode serlle leal a Xehová aínda que se enfronte a probas moi difíciles.
-
Animamos a outros a aguantar
Flp 1:13, 14; Snt 5:10, 11
Axúdanos a ser máis produtivos na predicación
Ecl 11:6; Lc 8:15; 2Pe 1:5-8
Teremos a aprobación de Xehová e desfrutaremos do cumprimento das súas promesas