Ir ó contido

Ir ó índice

Matrimonio

Matrimonio

Cal é a orixe do matrimonio?

Xén 1:27, 28; 2:22-24; Mt 19:4-6

A quen debería escoller un cristián como parella para casar?

Por que un verdadeiro cristián nunca aprobaría que un fillo ou unha filla bautizados casasen con alguén que non é un servo dedicado e bautizado de Xehová?

1Co 7:39; 2Co 6:14, 15

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xén 24:1-4, 7. Abrahán decidiu buscarlle ó seu fillo Isaac unha muller entre os que servían a Xehová e non entre os cananeos que adoraban outros deuses.

    • Xén 28:1-4. Isaac díxolle ó seu fillo Xacob que non casase cunha cananea, senón cunha muller que adorase a Xehová.

Como se sente Deus cando un dos seus servos casa con alguén que non é testemuña de Xehová?

Dt 7:3, 4

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Re 11:1-6, 9-11. Xehová enfadouse moito co rei Salomón por non facer caso da súa advertencia e casar con mulleres estranxeiras, e por deixar que estas influísen nel para que adorase deuses falsos.

    • Neh 13:23-27. Nehemías reflectiu a ira de Xehová cando corrixiu e castigou os israelitas que casaran con mulleres estranxeiras que non servían a Deus.

Por que é sabio casar con alguén que serve fielmente a Xehová e que ten boa reputación?

Pr 18:22; 31:10, 28

Ver tamén Ef 5:28-31, 33.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Sa 25:2, 3, 14-17. Nabal era moi rico, pero tamén era un home cruel e un mal marido para Abigail.

    • Pr 21:9. Non escoller alguén axeitado para casar pode facernos infelices e roubarnos a paz.

    • Rm 7:2. O apóstolo Paulo explicou que cando unha muller casa sométese á autoridade dun home imperfecto. Por iso unha muller sabia escolle ben a quen acepta como marido.

Preparación para o matrimonio

Por que debería un home estar preparado para manter unha familia antes de pensar en casar?

1Ti 5:8

  • Relato bíblico relacionado:

    • Pr 24:27. Antes de casar e ter fillos, un home debería traballar duro e así prepararse para manter unha familia.

Por que os noivos deberían pedir consello a persoas maduras e esforzarse por coñecerse ben o un ó outro en vez de centrarse no aspecto físico?

Pr 13:10; 1Pe 3:3-6

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Rut 2:4-7, 10-12. Boaz esforzouse por coñecer ben a Rut observando como traballaba e informándose ben sobre a súa reputación, a súa espiritualidade e a forma na que trataba a súa familia.

    • Rut 2:8, 9, 20. Rut aprendeu sobre Boaz observando a súa amabilidade, a súa xenerosidade e o amor que sentía por Xehová.

Por que quere Xehová que unha parella se manteña moralmente limpa durante o noivado e o compromiso?

Gál 5:19; Col 3:5; 1Te 4:4

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Pr 5:18, 19. Algunhas mostras de afecto están reservadas só para parellas casadas.

    • Can 1:2; 2:6. Mentres eran noivos, o pastor e a xulamita intercambiaron algunha mostra de cariño apropiada, pero non se deixaron levar pola paixón sexual.

    • Can 4:12; 8:8-10. A xulamita mantívose casta e demostrou autocontrol. Na Biblia compárase cun horto pechado.

Por que debería unha parella casar cumprindo os requisitos legais?

Mt 22:21; Rm 13:1; Tit 3:1

O papel do home

Que importantes responsabilidades lle asignou Xehová ó home?

Ef 5:23, 25, 28-31, 33

Que exemplo ten que imitar o home como cabeza?

1Co 11:3; Ef 5:23

Por que debe demostrar un home que ama a súa muller e que entende as súas necesidades e sentimentos?

Col 3:19; 1Pe 3:7

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xén 21:8-12. Xehová díxolle a Abrahán que lle fixese caso á súa muller Sara, aínda que non lle gustase o que lle pedía.

    • Pr 31:10, 11, 16, 28. Un home sabio que ten unha muller xeitosa non trata de controlar todo o que fai nin anda buscando os seus fallos. Máis ben confía nela e felicítaa.

    • Ef 5:33. O apóstolo Paulo explicou que a muller necesita saber que o seu home a quere.

O papel da muller

Que importante papel lle deu Xehová á muller dentro do matrimonio?

Xén 2:18; Col 3:18; Tit 2:4, 5

Degrada dalgún modo á muller o papel que Xehová lle deu no matrimonio?

Xén 1:26-28, 31; 2:18

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Pr 1:8; 1Co 7:4. Deus deulles certa autoridade ás mulleres e ás nais, tanto no matrimonio como na vida de familia.

    • 1Co 11:3. O apóstolo Paulo explicou que, na organización de Xehová, todos temos que someternos a un cabeza, excepto o propio Deus Todopoderoso.

    • Heb 13:7, 17. Tanto homes coma mulleres teñen que colaborar e obedecer ós irmáns que foron escollidos para dirixir a congregación.

Como pode facer feliz a Xehová unha muller que está casada cun home non crente?

1Co 7:13-16; 1Pe 3:1, 2

Por que debería unha muller cristiá demostrar respecto polo seu home?

Ef 5:33

  • Relato bíblico relacionado:

    • Xén 18:12; 1Pe 3:5, 6. Sara respectaba moito a Abrahán e considerábao o seu señor, incluso nos seus pensamentos.

Que clase de mulleres reciben louvanzas na Biblia?

Pr 19:14; 31:10, 13-31

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xén 24:62-67. Rebeca axudou o seu home Isaac a atopar consolo despois da morte da súa nai.

    • 1Sa 25:14-24, 32-38. Aínda que era un parvo, Abigail protexeu o seu home e a súa casa pedíndolle humildemente a David que tivese misericordia deles.

    • Est 4:6-17; 5:1-8; 7:1-6; 8:3-6. A raiña Ester arriscou a vida dúas veces presentándose diante do seu home aínda que el non a chamara e grazas a iso puido salvar o pobo de Deus.

Resolver problemas

Que principios poden axudar a unha parella a resolver os problemas que xurdan no matrimonio?

1Co 13:4-8; Ef 5:33; Col 3:12-14

Que principios poden axudar a un matrimonio a ter un punto de vista equilibrado sobre os cartos?

Lc 12:15; Flp 4:5; 1Ti 6:9, 10; Heb 13:5

Ver tamén “Cartos”.

Que principios poden axudar a un matrimonio a resolver problemas relacionados coa familia?

Sl 34:14; Mt 19:5, 6; 1Co 13:4, 5

Que principios poden axudar a un matrimonio en temas relacionados co sexo?

Pr 5:15-20; Mt 5:27, 28; 1Co 7:3-5; 10:24; Flp 2:4; Heb 13:4

Por que é importante centrarse nas boas cualidades do cónxuxe e non nos seus defectos?

Sl 103:14; 130:3, 4; Pr 17:9; 1Pe 4:8

Por que é mellor resolver os problemas rápido e con cariño que seguir enfadados ou irritados?

Sl 37:8; Pr 14:29; Ef 4:26, 27; Snt 1:19, 20

Por que os arrebatos de ira, o abuso verbal e o maltrato físico de calquera tipo son completamente inaceptables para os cristiáns?

Sl 11:5; Gál 5:19-21; Ef 4:31, 32; Tit 3:2

Cando xorden diferenzas no matrimonio, cal debería ser o obxectivo tanto do home como da muller?

Sl 34:14; Mt 5:9; Rm 12:17, 18, 21

Por que é o mellor para o matrimonio ter sempre presente a Xehová?

Ecl 4:9-12

Normas sobre o matrimonio

Que di a Biblia sobre as relacións sexuais e o matrimonio?

Pr 6:32; Mt 5:27, 28; 1Co 6:9, 10; Heb 13:4

Como deberían ver os cristiáns a poligamia?

Mt 19:8, 9; 1Co 7:2; 1Ti 3:2, 12

Por que sabemos que o matrimonio debería ser entre un home e unha muller?

Xén 2:18, 22, 24; Mt 19:4-6; Rm 1:23-27

Por que non debería separarse un matrimonio?

Mr 10:6-9; Rm 7:2, 3; 1Co 7:10, 11

Cal é a única base bíblica para o divorcio?

Como se sente Xehová cando unha parella se divorcia sen base bíblica?

Mal 2:13-16

Cando un dos cónxuxes morre, pode o outro volver casar?

Rm 7:2, 3; 1Co 7:39