Ir ó contido

Ir ó índice

Pecado

Pecado

Que é o pecado e por que nos afecta a todos?

Sl 51:5; Rm 3:23; 5:12; 6:23; 1Xn 3:4; 5:17

Por que sabemos que podemos loitar contra os nosos malos desexos?

Rm 6:12-14

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 2Sa 11:2-5, 14, 15, 26, 27; 12:1-13. O rei David cometeu pecados moi graves e recibiu un forte castigo. Pero fixo un grande esforzo por cambiar.

    • Rm 7:15-24. O apóstolo Paulo, que foi un excelente exemplo de fe e devoción a Deus, recoñeceu que tiña que esforzarse moito para loitar contra os seus malos desexos e pensamentos.

Como fai a ignorancia que moitas persoas pequen?

Fei 3:17; 17:29, 30; 1Ti 1:13; 1Pe 1:14

Ver tamén Núm 15:27-29.

Por que é especialmente grave que sigamos facendo algo que sabemos que está mal?

Heb 10:26, 27; 1Xn 3:4, 8, 9

Ver tamén Núm 15:30; Rm 1:28-32; 1Ti 5:20.

Que trampas podería usar Satanás para intentar que os servos de Deus pequen?

Pr 1:10, 11, 15; Mt 5:28; Snt 1:14, 15

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xén 3:1-6. A través dunha serpe, Satanás tentou a Eva para que fose egoísta e deixase de confiar en Xehová.

    • Pr 7:6-10, 21-23. O rei Salomón describiu como un rapaz inexperto caeu na tentación dunha muller inmoral.

Como podemos resistir as tentacións de Satanás?

Ef 4:27; 6:10-18; Snt 4:7, 8

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Pr 5:1-14. O rei Salomón deu bos consellos inspirados por Xehová para saber como e por que evitar a inmoralidade sexual.

    • Mt 4:1-11. Ó basear as súas decisións na Palabra de Deus, Xesús púxonos un exemplo perfecto de como resistir as tentacións de Satanás.

Cales son algúns pecados que debemos evitar os cristiáns?

Confesar os pecados

Por que non deberiamos intentar esconder os nosos pecados?

Pr 28:13; Rm 14:12; 1Ti 5:24; Heb 4:13

A quen debemos confesarlle tódolos nosos pecados?

Sl 32:5; Mt 6:9-14

Quen pode interceder a favor nosa diante de Xehová?

Rm 5:1, 2; 8:34; Ef 2:13, 18; 5:1, 2; Heb 7:25; 1Xn 2:1

Como pode alguén demostrar que está arrepentido dos seus pecados?

Fei 26:20; Snt 4:8-10

Ver tamén “Arrepentimento”.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Éx 22:1-12. Baixo a Lei de Moisés, un ladrón tiña que compensar as súas vítimas polo que roubara.

    • Lc 19:8, 9. Zaqueo, que era o xefe dos cobradores de impostos, demostrou que estaba arrepentido cambiando a súa forma de actuar e compensando a aqueles os que prexudicara.

Por que podemos confiar en que Xehová nos vai perdoar?

Ver “Perdón”.

A quen lles encargou Xehová protexer a congregación e dar axuda cando alguén comete un pecado grave?

Snt 5:14, 15

Ver tamén Fei 20:28; Gál 6:1.

Como podería un pecado grave afectarlles a outros na familia ou na congregación?

Heb 12:15, 16

Ver tamén Dt 29:18.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xos 7:1-13, 20-26. Acán cometeu un pecado grave e intentou ocultalo. Iso fixo que todo Israel sufrise unha desgraza.

    • Xon 1:1-16. Por rebelarse contra Xehová, o profeta Xonás puxo en perigo a vida de tódolos que ían con el no barco.

    • 1Co 5:1-7. O apóstolo Paulo sacou á luz un pecado grave que estaba danando a toda a congregación de Corinto.

Por que non debería o medo ó castigo impedir que lles pidamos axuda ós anciáns?

Pr 3:11, 12; Heb 12:5-7, 11; Snt 5:14, 15

Por que deberiamos aceptar o perdón de Deus e non seguir dándolle voltas a un erro do pasado?

Ver “Perdón”.

Se nos decatamos de que alguén cometeu un pecado grave, por que deberiamos asegurarnos de que llelo conta ós anciáns da congregación?

Lev 5:1

  • Relato bíblico relacionado:

    • Dt 13:6-9; 21:18-20. A Lei de Moisés esixía que se informase dun pecado grave, incluso se o cometera un familiar ou alguén moi querido.