Traballo
Que relación hai entre o traballo e a felicidade?
Ecl 2:24; 3:13, 22; Is 65:22
Que vantaxes ten aprender a ser un traballador hábil, capaz de facer un traballo de boa calidade?
Pr 22:29
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
1Sa 16:16-23. Cando era novo, David tiña fama de ser un bo músico. Grazas a iso puido serlle útil ó rei de Israel cando estaba angustiado.
-
2Cr 2:13, 14. Grazas á súa habilidade como artesán, Hiramabí foille útil ó rei Salomón nunha obra de construción moi grande.
-
Por que queren os servos de Xehová que se lles coñeza como bos traballadores?
Ef 4:28; Col 3:23
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Xén 24:10-21. Rebeca fixo máis do que o criado de Abrahán lle pedira e demostrou que era unha rapaza moi traballadora.
-
Flp 2:19-23. Timoteo era un rapaz humilde e estaba disposto a traballar duro polos demais. Grazas a iso, o apóstolo Paulo confiou nel e encargoulle unha tarefa moi importante.
-
Por que fan os servos de Deus todo o posible por non ser folgazáns?
Pr 13:4; 18:9; 21:25, 26; Ecl 10:18
-
Relato bíblico relacionado:
-
Pr 6:6-11. O rei Salomón utilizou o exemplo da formiga para ensinar a importancia de ser traballadores e evitar a preguiza.
-
Por que deberiamos traballar duro para cubrir as nosas necesidades?
2Te 3:10-12; 1Ti 5:18
Por que deberiamos traballar duro para cubrir as necesidades da nosa familia?
1Ti 5:8
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Rut 1:16, 17; 2:2, 3, 6, 7, 17, 18. Sendo viúva, Rut traballou moi duro para coidar da súa sogra Noemí.
-
Mt 15:4-9. Xesús condenou os que usaban o servizo a Deus como escusa para non coidar dos seus pais.
-
Por que deberían os cristiáns estar dispostos a compartir con outros o que ganaron co seu duro traballo?
Rm 12:13; 2Co 8:1-4; 9:5, 7, 11; 1Ti 6:17, 18
Que punto de vista equilibrado deberiamos ter sobre os cartos que ganamos?
Pr 30:8; 2Te 3:12; 1Ti 6:6-10; Heb 13:5
Como sabemos que Xehová quere axudarnos a facer ben o noso traballo e a que teñamos o necesario en sentido material?
Mt 6:25, 30-32; Lc 11:2, 3; 2Co 9:10
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Xén 31:3-13. Labán tratou de forma inxusta a Xacob cando traballaba para el, pero Xehová viu o seu duro traballo e bendiciuno.
-
Xén 39:1-6, 20-23. Xehová bendiciu o traballo de Xosé, tanto cando era escravo na casa de Potifar como cando estaba no cárcere.
-
Por que o noso traballo nunca debería ser máis importante que o noso servizo a Deus?
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Lc 12:15-21. Xesús explicou cun exemplo que é absurdo darlle máis importancia ó traballo e as cousas materiais que á nosa relación con Xehová.
-
1Ti 6:17-19. O apóstolo Paulo advertiu os cristiáns que eran ricos dos perigos da arrogancia e animounos a ser “ricos en boas obras”.
-
Que principios deberiamos ter en conta antes de aceptar un traballo?
-
Éx 20:4; Fei 15:29; Ef 4:28; Ap 21:8. Implica este traballo que teña que facer algo que Deus condena?
-
Éx 21:22-24; Is 2:4; 1Co 6:9, 10; 2Co 7:1. Apoia ou promove este traballo algunha práctica que Deus condena e que me faría cómplice de algo que está mal?
-
Rm 13:1-7; Tit 3:1, 2. Podería implicar este traballo que teña que desobedecer algunha lei do goberno?
-
2Co 6:14-16; Ap 18:2, 4. Podería facer este traballo que apoie ou mesmo chegue a ser parte da relixión falsa?
Traballar para Xehová
Cal é o traballo máis importante que podemos facer os cristiáns?
Mt 28:19, 20; Lc 9:2; 2Ti 4:2, 5
Por que queremos dar o mellor de nós no noso servizo a Xehová?
Lc 13:24; Rm 12:11; 1Co 15:58; Heb 6:10-12
Ver tamén 1Ti 3:1.
Por que non debemos comparar o que cada un pode facer no servizo a Xehová?
Gál 6:3-5
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Mt 25:14, 15. O exemplo que puxo Xesús demostra que el non espera que tódolos seus seguidores poidan facer o mesmo no servizo a Xehová.
-
Lc 21:2-4. Xesús valorou moito a pequena contribución que fixo unha viúva pobre.
-
De onde sacamos as forzas para facer o traballo que Xehová nos encargou?
2Co 4:7; Ef 3:20, 21; Flp 4:13
-
Relato bíblico relacionado:
-
2Ti 4:17. O apóstolo Paulo recoñeceu que recibira o poder que necesitaba cando o necesitaba.
-
Por que nos fai felices traballar duro no servizo a Xehová?