Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 16

Cal é o papel dos servos ministeriais?

Cal é o papel dos servos ministeriais?

A Biblia fala de dous grupos de homes cristiáns que se ocupan das responsabilidades da congregación: os anciáns ou “encargados”, e os servos ministeriais ou “diáconos” (Filipenses 1:1). A maioría das congregacións están atendidas por un equipo de irmáns dos dous grupos. Que tarefas fan por nós os servos ministeriais?

Axudan ós anciáns. Os servos ministeriais son persoas que teñen unha boa relación con Xehová, e son confiables e sensatos. Algúns son novos, e outros maiores. Encárganse de atender tarefas importantes, pero a miúdo rutinarias, tanto organizativas coma outras que implican traballo físico. Isto permítelles ós anciáns concentrarse nas responsabilidades de ensinar e pastorear.

Ocúpanse de tarefas necesarias. Algúns servos ministeriais están asignados como acomodadores para dar a benvida a tódolos que veñen ás reunións. Outros atenden o equipo de son, a distribución das publicacións, a contabilidade da congregación, o reparto das zonas para predicar, e axudan co mantemento dos locais de reunión. Ademais, colaboran cos anciáns para coidar dos maiores. O empeño que poñen en atender calquera tarefa que se lles manda fai que gañen o respecto de todos (1a Timoteo 3:13).

Son cristiáns exemplares. Os servos ministeriais son nomeados polas súas boas calidades cristiás. As súas intervencións desde a plataforma axúdannos a ter unha fe máis forte. O seu exemplo na predicación aviva o noso entusiasmo. A súa actitude colaboradora contribúe ó bo ambiente e á unidade da congregación (Efesios 4:16). Co tempo, poden chegar a cumprir os requisitos para servir como anciáns.

  • Que clase de persoas son os servos ministeriais?

  • Como contribúen ó bo funcionamento da congregación?