Ir ó contido

Ir ó índice

IDEA PARA ESTUDAR

Repasa os puntos principais

Repasa os puntos principais

Custouche algunha vez recordar o que acababas de estudar? O certo é que isto pode pasarnos a todos de vez en cando. Que pode axudarche? Repasar os puntos principais.

Cando estudes, fai algunha pausa para fixarte nas ideas máis importantes. O apóstolo Paulo animou os irmáns a facer isto cando lesen a carta que lles escribira. Díxolles: “Isto é o máis importante” (Heb. 8:1). Desta maneira, axudoulles a entender o que lles quería dicir e como se relacionaba cada idea co tema principal.

Poderías apartar tempo, quizais 10 minutiños ó final do teu estudo, para meditar nos puntos principais do que acabas de analizar. Se non es capaz de recordalos, revisa os subtítulos ou a primeira frase de cada parágrafo para refrescar a túa memoria. Ó aprender algo novo, intenta explicalo coas túas propias palabras. Cando intentas resumir todo o que aprendiches, é máis fácil que o recordes e tamén ves máis claramente como podes aplicalo na túa vida.