Ir ó contido

Ir ó índice

ARTIGO DE ESTUDO 15

CANCIÓN sjj 124 Sempre fieis e leais

Aumenta o teu aprecio pola organización de Xehová e confía nela

Aumenta o teu aprecio pola organización de Xehová e confía nela

“Mirade polos vosos dirixentes, que vos anunciaron a Palabra de Deus” (HEB. 13:7).

OBXECTIVO

Aprender a fortalecer e manter o noso aprecio e confianza na organización de Xehová.

1. Como estaba organizado o pobo de Deus no primeiro século?

 CANDO Xehová lle encarga unha tarefa ó seu pobo, espera que a cumpra de maneira organizada (1 Cor. 14:33). Por exemplo, quere que as boas noticias se prediquen por toda a terra habitada (Mat. 24:14). Xehová deulle a Xesús a responsabilidade de dirixir esta obra. E Xesús estase encargando de levala a cabo de forma organizada. No primeiro século existía un consello reitor, que estaba en Xerusalén. Este estaba formado polos apóstolos e outros anciáns de experiencia, e tomaba decisións que tódalas congregacións deberían aplicar (Feit. 15:2; 16:4). E cando se estableceron congregacións en diferentes lugares, os anciáns que as dirixían informaban os irmáns e irmás desas decisións (Feit. 14:23). Grazas a que obedeceron as instrucións que recibiron, “as congregacións seguiron medrando cada vez máis e a súa fe foise facendo máis forte” (Feit. 16:5).

2. Como guiou e deu instrucións Xehová ó seu pobo a partir do ano 1919?

2 Xehová segue organizando o seu pobo tamén hoxe en día. Dende o ano 1919, Xesús válese dun pequeno grupo de homes unxidos para organizar a predicación e darlles instrucións baseadas na Biblia ós seus seguidores xusto cando as necesitan (Luc. 12:42). a É evidente que Xehová está bendicindo o labor destes irmáns (Is. 60:22; 65:13, 14).

3, 4. a) Pon un exemplo que demostre como nos beneficia estar organizados b) Que imos analizar neste artigo?

3 Se non estivésemos organizados non poderiamos cumprir co labor que Xesús nos encargou (Mat. 28:19, 20). Imaxina que os irmáns non fixesen plans para predicar de maneira ordenada tódalas zonas do territorio da nosa congregación. Cada un predicaría onde quixese. Habería algunhas zonas que se visitarían moi a miúdo, mentres que a outras non se iría nunca. Ocórrenseche outras formas nas que nos beneficia estar ben organizados?

4 Xesús segue organizando o pobo de Deus na actualidade da mesma maneira que o fixo cando estivo aquí na Terra. Neste artigo imos analizar o exemplo que nos deixou e como o segue a nosa organización. Tamén veremos como podemos demostrar que a valoramos e que confiamos nela.

A NOSA ORGANIZACIÓN SEGUE O EXEMPLO DE XESÚS

5. Cal é unha das maneiras na que a nosa organización segue o exemplo de Xesús? (Xoán 8:28).

5 Xesús dixo e fixo o que aprendeu do seu Pai celestial. Seguindo o exemplo de Xesús, a organización de Xehová baséase na Biblia para darnos guía e para axudarnos a saber o que está ben e o que está mal (le Xoán 8:28; 2 Tim. 3:16, 17). Regularmente se nos recorda que leamos a Biblia e apliquemos o que se di nela. Cal é unha boa maneira de estudala, e como nos beneficia?

6. Como nos beneficia estudar a Biblia coa axuda das nosas publicacións?

6 Beneficiámonos moito cando estudamos a Biblia coa axuda das nosas publicacións. Por exemplo, isto permítenos comparar as ensinanzas da Palabra de Deus coas instrucións que recibimos da organización. Ó ver que a guía que nos dá se basea nas Escrituras, a nosa confianza na organización de Xehová aumenta moito (Rom. 12:2).

7. Que mensaxe predicou Xesús, e como segue o seu exemplo a organización de Xehová?

7 Xesús predicou as boas noticias do “Reino de Deus” (Luc. 4:43, 44). Ademais díxolles ós seus discípulos que fixesen o mesmo (Luc. 9:1, 2; 10:8, 9). Hoxe en día, tódolos que forman parte da organización de Xehová predican a mensaxe do Reino, sen importar onde vivan ou as responsabilidades que teñan na congregación.

8. Que honor temos?

8 É un honor poder contarlles a outros a verdade sobre o Reino de Deus! Non todos teñen este privilexio. Por exemplo, cando Xesús estivo na Terra non permitiu que os espíritos malvados falasen sobre el (Luc. 4:41). Na actualidade, os que queiran empezar a predicar coas testemuñas de Xehová, teñen que cumprir con certos requisitos. Unha maneira de demostrar canto apreciamos este privilexio é aproveitando ben tódalas oportunidades que temos para falar sobre o Reino. Igual ca Xesús, a nosa meta é plantar e regar as sementes da verdade no corazón das persoas (Mat. 13:3, 23; 1 Cor. 3:6).

9. Como dá a coñecer a organización de Deus o seu nome?

9 Xesús deu a coñecer o nome de Deus. Nunha oración, díxolle a seu Pai: “Eu manifestéille-lo teu nome” (Xoán 17:26). A organización de Xehová imita o exemplo de Xesús facendo todo o posible por axudarlles a outros a coñecer o nome de Deus. Unha maneira na que o fai é mediante a Tradución do Novo Mundo, que restableceu o nome de Deus nos lugares nos que aparecía orixinalmente. Esta tradución está dispoñible, enteira ou en parte, en máis de 270 idiomas. Nos Apéndices A4 e A5 desta tradución (dispoñibles en español) encontrarás detalles sobre por que e como se restableceu o nome de Deus na Biblia. O Apéndice C, que se pode encontrar na Biblia de estudio (dispoñible en español), mostra moitas probas de que o nome de Deus debería aparecer nas Escrituras Gregas Cristiás 237 veces.

10. Que aprendes do que dixo unha muller que vive en Myanmar?

10 Queremos axudarlles a coñecer o nome de Deus ó maior número de persoas posible, tal e como fixo Xesús. En Myanmar, unha muller de 67 anos rompeu a chorar cando aprendeu o nome de Deus. Ela díxolle á irmá que lle daba o curso da Biblia: “É a primeira vez na miña vida que escoito que o nome de Deus é Xehová. [...] Isto que me ensinaches é o máis importante que podería aprender xamais”. Esta experiencia demostra que aprender o nome de Deus pode cambiar a vida das persoas.

SIGUE DEMOSTRANDO QUE VALORAS A NOSA ORGANIZACIÓN

11. Como demostran os anciáns que valoran a organización de Xehová? (Ver tamén a imaxe).

11 Cal é unha das maneiras na que os anciáns poden demostrar que valoran a organización de Xehová? Cando reciben algunha instrución deben lela con coidado e facer todo o que poidan por aplicala. Por exemplo, non só reciben guía sobre como presentar asignacións ou facer oracións na congregación, senón tamén sobre como coidar das ovellas de Cristo. Cando os anciáns aplican estas pautas, os irmáns senten o moito que os quere e os coida Xehová.

Os anciáns axúdannos a apreciar a guía que recibimos da organización de Xehová e a confiar nela (ver o parágrafo 11). b


12. a) Por que deberiamos seguir as instrucións que recibimos dos anciáns? (Hebreos 13:7, 17) b) Por que deberiamos centrarnos nas boas cualidades dos que nos dirixen?

12 Cando recibimos instrucións por parte dos anciáns deberiamos estar dispostos a seguilas. Ó facer isto, facilitámoslles moito o seu labor. A Biblia anímanos a ser obedientes e submisos ós que nos dirixen (le Hebreos 13:7, 17). Claro, ás veces pode resultarnos difícil porque estes homes tamén son imperfectos. Pero se nos centramos nos seus defectos en vez de nas súas boas cualidades, en realidade, estariamos axudando ós nosos inimigos. Por que dicimos isto? Porque eles queren facernos dubidar de que Xehová estea usando esta organización para guiarnos. Así que se pensamos mal dos anciáns poderiamos empezar a pensar mal tamén da organización e deixar de confiar nela. Entón, que podemos facer para identificar e rechazar as mentiras dos nosos inimigos?

NON DEIXES QUE OUTROS DEBILITEN A TÚA CONFIANZA NA ORGANIZACIÓN

13. Como intentan os inimigos de Deus desacreditar a nosa organización?

13 Os que se opoñen a Deus intentan facer que as cousas boas da nosa organización parezan malas. Por exemplo, a Biblia ensina que Xehová quere que os seus servos se manteñan limpos en sentido físico, moral e espiritual. Por iso di que, quen continúe facendo o que está mal e non estea disposto a cambiar o seu comportamento, non pode seguir sendo parte da congregación (1 Cor. 5:11-13; 6:9, 10, TNM). Nós obedecemos este mandato bíblico. Pero os nosos inimigos intentan usar isto na nosa contra dicindo que somos intolerantes, que xulgamos as persoas e que non as amamos.

14. Quen está detrás das mentiras sobre a organización de Xehová?

14 Recorda quen está detrás dos ataques. É o Demo, o “pai da mentira”, quen promove estas historias falsas (Xoán 8:44; Xén. 3:1-5). Por iso, podemos esperar que utilice algunhas persoas para promover mentiras sobre a organización de Xehová. Isto xa ocorreu no primeiro século.

15. Que lles fixeron os líderes relixiosos a Xesús e ós seus seguidores?

15 Aínda que Xesús, o Fillo de Deus, era perfecto e facía milagres incribles, Satanás usou algunhas persoas para espallar moitas mentiras sobre el. Por exemplo, os líderes relixiosos dixéronlles ás persoas que Xesús expulsaba os demos “co poder do príncipe dos demonios” (Mar. 3:22). Despois, cando o estaban xulgando, acusárono de blasfemia e incitaron a xente a que pedise a súa morte (Mat. 27:20). Máis adiante, cando os seguidores de Cristo predicaban as boas noticias, os que se opoñían a eles “revolucionaron a xente” para que os perseguisen (Feit. 14:2, 19). Falando sobre Feitos 14:2, La Atalaya do 1 de decembro de 1998 explicou: “Non satisfeitos con rechazar a mensaxe, os opositores xudeus empezaron unha campaña de difamacións co obxectivo de poñer a poboación xentil en contra dos cristiáns”.

16. Que deberiamos recordar se escoitamos historias falsas?

16 Satanás segue contando mentiras na actualidade. De feito, “fai extraviar a tódolos homes” (Apoc. 12:9). Se escoitas noticias negativas sobre a organización de Xehová e os que a dirixen, recorda como trataron os inimigos de Deus a Xesús e os seus discípulos no primeiro século. Tal e como predixo a Biblia, os servos de Xehová de hoxe en día están sendo perseguidos e acusados inxustamente (Mat. 5:11, 12). As historias falsas non nos enganarán se recordamos quen está detrás e actuamos rapidamente para protexernos delas. Que medidas debemos tomar?

17. Como podemos evitar que as noticias falsas nos fagan dano? (2 Timoteo 1:13) (Mira tamén o recadro “ Como reaccionar ante a información falsa”).

17 Rechaza a información falsa. O apóstolo Paulo dixo claramente o que deberiamos facer se nos chega algunha historia falsa. Díxolle a Timoteo que lles mandase a algúns que non lles prestasen atención ós contos falsos, senón que os rechazasen (1 Tim. 1:3, 4; 4:7). Pensa no seguinte exemplo: quizais un bebé colla algo sucio do chan e o meta na boca. Pero unha persoa madura nunca faría tal cousa porque entende que isto podería ser perigoso. Da mesma forma, rechazamos a información falsa porque sabemos quen está detrás desas mentiras. Máis ben, só escoitamos as “palabras saudables” da verdade (le 2 Timoteo 1:13).

18. Como podemos demostrar que valoramos a organización de Xehová?

18 Neste artigo analizamos tan só tres das moitas maneiras nas que a organización de Xehová imita a Xesús. Ó estudar a Biblia, por que non intentas encontrar outras? Axúdalles ós irmáns da túa congregación a aumentar o seu aprecio pola organización e a súa confianza nela. E como podes ti demostrar que a valoras? Servindo a Xehová lealmente e manténdote cerca deste medio que el utiliza para cumprir o seu propósito (Sal. 37:28). Sigamos sempre agradecendo o privilexio de ser parte do pobo leal e amoroso de Xehová!

QUE RESPONDERÍAS?

  • De que maneiras imita a organización a Xesús?

  • Como podemos seguir demostrando que apreciamos a organización de Xehová e que confiamos nela?

  • Que deberiamos facer se nos chega algunha historia falsa?

CANCIÓN sjj 103 Os anciáns son un regalo de Deus

a Mira o recadro “¿Y por qué 1919?” no libro La adoración pura de Jehová: ¡por fin restaurada!, páxs. 102-103 (dispoñible en español).

b DESCRICIÓN DA IMAXE.: Tres anciáns organizando os preparativos para a predicación pública. Despois, un superintendente de grupo transmitíndolles a dúas publicadoras a pauta de que, por razóns de seguridade, deben estar de pé coas costas cara á parede.