Recórdalo?
Liches con atención os números da revista A Atalaia deste ano? Intenta responder as seguintes preguntas:
Como nos beneficiará dedicar tempo a falar con Xehová, a escoitalo e a pensar nel?
Tomaremos mellores decisións, seremos mellores mestres, a nosa fe farase máis forte e amaremos máis a Xehová (w22.01-S, páxinas 30 e 31).
Que beneficios teremos se aprendemos a confiar en Xehová e nos seus representantes?
Agora é o momento de aprender a confiar na maneira que ten Xehová de facer as cousas e de non dubidar da dirección e das decisións dos anciáns. Cando empece a gran tribulación, teremos que estar listos para obedecer, aínda que as instrucións que recibamos parezan raras ou pouco lóxicas (w22.02-S, páxinas 4 a 6).
Que quería destacar o anxo cando lle falou a Zacarías da “pedra da chumbada na man de Zerubabel”? (Zac. 4:8-10).
Esta visión aseguráballe ó pobo de Deus que se remataría o templo que se estaba construíndo e que cumpriría cos requisitos de Xehová, a pesar de non ser tan grandioso como o anterior (w22.03-S, páxinas 16 e 17).
Como podemos ser exemplos “en ditos”, é dicir, coa nosa forma de falar? (1 Tim. 4:12).
Sendo amables e respectuosos na predicación, cantando con entusiasmo e comentando regularmente nas reunións. Ademais, debemos dicir sempre a verdade, animar a outros e evitar facerlles dano coas nosas palabras (w22.04-S, páxinas 6 a 9).
Por que as características das catro bestas, ou reinos, que se mencionan no capítulo 7 de Daniel se combinan na besta que se describe en Apocalipse 13:1, 2?
A besta de Apocalipse 13 non representa un só goberno, coma Roma. Máis ben, representa tódolos gobernos que dominaron a humanidade (w22.05-S, páxina 9).
Como demostramos que confiamos na xustiza de Deus?
Se alguén nos insulta, nos ofende ou peca contra nós, intentamos liberarnos do enfado e do resentimento, deixando o asunto nas mans de Xehová. El reparará todo o dano causado polo pecado (w22.06, páxinas 10 e 11).
Que debería recordar un irmán ó que se lle pide facer unha oración nunha reunión?
As oracións non deben usarse para dar consellos ou anuncios á congregación. Especialmente as que se fan ó comezo dunha reunión, non deben ser longas (Mt. 6:7) (w22.07, páxinas 24 e 25).
En que sentido terán unha resurrección de xuízo os que “obraron o mal”? (Xn. 5:29).
Non terán un xuízo negativo baseado na súa vida pasada. Examinarase a actitude e a conduta que teñan despois de resucitar (w22.09, páxina 18).
Que lles dixo J. F. Rutherford ós presentes nun congreso en setembro de 1922?
No congreso de Cedar Point, Ohio (Os Estados Unidos), díxolles: “O Rei reina! E vostedes son os seus axentes de publicidade. Polo tanto, anuncien, anuncien, anuncien o Rei e o seu Reino!” (w22.10, páxinas 3 a 5).
Segundo o capítulo 30 de Isaías, de que tres formas nos axuda Deus a aguantar?
Este capítulo mostra que Deus 1) escoita e responde as nosas oracións, 2) nos dá guía e 3) nos bendice agora e nos bendicirá no futuro (w22.11, páxina 9).
Por que podemos chegar á conclusión de que as palabras de Salmo 37:10, 11, 29 se cumpriron no pasado e tamén se cumprirán no futuro?
As palabras de David describen ben as bendicións das que desfrutou a nación de Israel, por exemplo as que houbo durante o reinado de Salomón. Xesús falou do Paraíso que haberá no futuro e citou do versículo 11 (Mt. 5:5; Lc. 23:43, TNM) (w22.12, páxinas 8 a 10 e 14).